[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Silleda, Silleda

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Silleda
Igrexa de Silleda
ConcelloSilleda[1]
ProvinciaPontevedra
Coordenadas42°41′51″N 8°14′47″O / 42.69737772, -8.24652465
Poboación3.219 hab. (2017)
Entidades de poboación11[1]
editar datos en Wikidata ]

Santa Baia de Silleda é unha parroquia que se localiza no concello de Silleda. No ano 2008 tiña 3.124 habitantes o que significa que en menos de 10 anos gañou máis de 1000 veciños. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 2.212 habitantes (1.132 mulleres e 1.080 homes), distribuídos en 11 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 2.041 habitantes.

Nunha doazón do bispo de Lugo Pelaio no ano 998 aparece a igrexa parroquial nomeada como Exilieta, nome co que tamén aparece no testamento de Teresa Sánchez de Gres no ano 1395.

En 1853, trasládase a capital do concello dende Chapa á vila de Silleda, tomando tamén esta denominación o municipio. Nela tamén se celebraba unha feira os días 6 e 23 de cada mes, feito que deu lugar ao actual recinto da Feira Internacional de Galicia.

Convén destacar que nesta parroquia naceron o antropólogo José María Blanco Gerpe, o médico José María Fernández Colmeiro, a actriz Marisa Soto e o escultor e pintor Fernando Rodríguez García.

Patrimonio e cultura

[editar | editar a fonte]

Destaca a igrexa parroquial, baixo a advocación de Santa Baia. No lugar de Trasfontao, atopamos o Pazo de Trasfontao, construción do século XVIII, e nas proximidades do lugar de Toiriz sobresae o Castro de Toiriz, tamén coñecido como Eira dos Mouros. Na vila de Silleda, destacan as casas de Tábora ou 'da Confeitaría' e a de Fuentes, entre outras.

Nesta parroquia ten a súa sede a Banda Municipal de Silleda, fundada na segunda metade do século XIX e que conta cun grande prestixio no panorama musical actual.

No mes de xullo ten lugar a Festa do Lacón, que marca o inicio das festas de verán desta parroquia.

Lugares e parroquias

[editar | editar a fonte]

Lugares de Silleda

[editar | editar a fonte]
Lugares da parroquia de Silleda no concello de Silleda (Pontevedra)

Casas do Monte | Costoia | Fonteboa | O Foxo | A Mera | Mourelos | Outeiro | Silleda | Toiriz | Toxa | Trasfontao

Parroquias de Silleda

[editar | editar a fonte]
Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Silleda

Abades (Santa María) | Ansemil (San Pedro) | Breixa (Santiago) | Carboeiro (Santa María) | O Castro (San Mamede) | Cervaña (San Salvador) | Chapa (San Cibrao) | Cira (Santa Baia) | Cortegada (Santa María) | Dornelas (San Martiño) | Escuadro (San Salvador) | Fiestras (San Martiño) | Graba (Santa María) | Lamela (San Miguel) | Laro (San Salvador) | Manduas (San Tirso) | Margaride (San Fiz) | Martixe (San Cristovo) | Moalde (San Mamede) | Negreiros (San Martiño) | Oleiros (San Miguel) | Parada (San Tomé) | Pazos (San Martiño) | Piñeiro (San Xiao) | Ponte (San Miguel) | Refoxos (San Paio) | Rellas (San Martiño) | Saídres (San Xoán) | Siador (San Miguel) | Silleda (Santa Baia) | Taboada (Santiago) | Vilar (San Martiño) | Xestoso (Santa María)

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]