Serras setentrionais de Galicia
| |||
Tipo | serra | ||
---|---|---|---|
Localización | |||
División administrativa | España | ||
As serras setentrionais de Galiza son un conxunto de montañas que separan os terreos litorais do mar Cantábrico da Terra Chá e que conectan coa dorsal galega aproximadamente pola serra da Carba.
Características
[editar | editar a fonte]As serras setentrionais galegas non conforman un macizo ben definido polo que non sempre é cuestión pacífica cantas e cales poden ser incluídas na listaxe. Cabe entender que serras como a da Faladoira ou a da Cadeira son en realidade zonas de transición cara aos sistemas montañosos nos que tradicionalmente se veñen incluíndo: a Dorsal no caso da primeira e as serras orientais no da segunda.
Xeograficamente, as serras setentrionais caracterízanse por contaren cos mananciais dos ríos da vertente cantábrica galega (quitando o Eo) e mais do Eume, que desauga no Atlántico pasando por unha zona baixa entre o cordal de Bustelo ao norte e o Serrón do Lobo ao sur.
Dende o punto de vista xeolóxico, estas serras están conformadas por materiais variados como xistos, granitos, gneis, ollos de sapo, lousas, calcarias e cuarcitas.
As serras setentrionais máis notábeis son a serra do Xistral, a serra da Carba, os montes de Buio e mais a serra da Toxiza, que son superficies achandadas erguidas pola acción da tectónica de placas. Outras formacións montañosas menores son o Monte Guriscado, os Montes dos Cabaleiros ou a serra da Gañidoira.
Os seus altos teñen unha nubosidades elevada, factor que favorece o desenvolvemento de turbeiras.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- As montañas de Galiza. A Nosa Terra, 2006. ISBN 84-8341-126-1