Seabra
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | España | |||
Comunidade autónoma | Castela e León | |||
Provincia | provincia de Zamora | |||
Capital | Pobra de Seabra | |||
Seabra (na variante galega das Portelas: Xabra,[1] en castelán: Sanabria, en leonés: Senabria) é o nome dunha comarca natural situada no noroeste da provincia de Zamora. O xentilicio é «xabrés».[2]
Localízase entre as serras de La Culebra, Segundeira e da Cabreira (Cabreira Baixa). Linda polo oeste coa provincia de Ourense (Galicia), polo norte coa comarca leonesa de Cabreira, polo leste coa comarca zamorana de La Carballeda e polo sur co distrito portugués de Braganza.
Na maior parte do territorio falouse leonés, malia que na actualidade a lingua ten pouca vitalidade na área. Na zona occidental, chamada As Portelas, comprendida entre a Portela da Canda e a Portela do Padornelo, fálase galego con bastante vitalidade, pero cunha poboación vella e en franca diminución. Tamén se fala galego nos concellos de Lubián, Pías e Porto, así como na vila de Calabor, no concello de Pedralba de la Pradería.
Historia
[editar | editar a fonte]Seabra estivo habitada por tribos ástures, do que perduran aínda castros. O nome, Senabriga, xa está rexistrado en documentación da Alta Idade Media, do cal deriva o actual Seabra. Amosa o elemento céltigo -briga "fortificación", que debeu designar algún castro concreto.
En 921 construíuse o mosteiro de San Martín de Castañeda, ou Castañeira, como se denominou na súa orixe, talvez por monxes mozárabes. En 952 o rei Ordoño III deulles os dereitos de pesca sobre o lago de Seabra. En 1103 o rei Afonso IX concedeu o Foro da Seabra. O dominio de dito mosteiro foi moi relevante na comarca ata inicios do século XIX.
Pertenceu ao Reino de Galicia polo menos ata o século XVI, cando formaba parte do ducado de Benavente.[3][4]
Logo da Guerra de Independencia de Portugal, no século XVII, ficou incorporada á comarca a localidade de Hermisende, anteriormente portuguesa, onde se fala galego.[5].
Concellos
[editar | editar a fonte]- Asturianos
- Cobreiros
- Galende
- Hermisende
- Lubián
- Palacios de Sanabria
- Pedralba de la Pradería
- Pías
- Pobra de Seabra
- Porto
- Requeixo
- Robleda-Cervantes
- Rosinos de la Requejada
- San Justo
- San Martín
- Trefacio
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Frías Conde, Francisco Xavier (2002). El gallego exterior a las fronteras administrativas (PDF). ISBN 978-84-8466-314-0. Consultado o 19 de maio de 2021.
- ↑ Costas González, Xosé-Henrique (2016). Os xentilicios de Galicia e dos outros territorios de lingua galega (PDF). Vigo: Universidade de Vigo. p. 38. ISBN 978-84-8158-706-7.
- ↑ ""Cervantes nació en Sanabria"". Faro de Vigo (en castelán). 9.2.2011. Consultado o 3.11.2018.
- ↑ "Hallan el original de un documento que reafirma la tesis de Cervantes gallego". Faro de Vigo (en castelán). 29.4.2011. Consultado o 3.11.2018.
- ↑ Xavier Frías, "Sobre os bloques dialectais do galego: unha nova proposta. Revista de Filología Románica, núm. 14