Sordello
Biografía | |
---|---|
Nacemento | c. 1200 Goito, Italia (pt) |
Morte | século XIII (<30 de agosto de 1269) Nápoles, Italia |
Actividade | |
Ocupación | trobador, compositor, poeta, escritor |
Descrito pola fonte | Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron The Nuttall Encyclopædia >>>:Sordello Library of the World's Best Literature |
Sordello da Goito ou Sordel de Goit (tamén Sordell) foi un trobador italiano da escola poética provenzal do amor cortés. Nacido en Goito, preto de Mantua, no século XIII.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Estivo na Península Ibérica entre 1237 e 1242, nas cortes de Afonso IX de León, Fernando III de Castela e Xaime I de Aragón. Pasou á corte de Carlos de Anjou, a quen acompañou na expedición a Italia (1265) para tomar posesión do Reino de Sicilia, e formar parte das batallas de Benevento e de Tagliacozzo.
Foi recompensado con varios feudos e castelos en pago dos seus “grandia, grata et acepta servitia”.
Descoñécese a data da súa morte, pero estes feudos pasaron a poder doutro cabaleiro da corte en 1269, polo que puido se falecer nese ano.
Obras
[editar | editar a fonte]É autor dun longo poema didáctico, Ensenhamen (ou Documentum honoris) e dunhas corenta composicións menores, entre elas Planh per Blancata, que é unha crítica e sátira de varios soberanos contemporáneos.
Aparicións en obras doutros autores
[editar | editar a fonte]Sordello ten unha notable aparición no canto sexto do Purgatorio da A Divina Comedia, a obra do poeta florentino Dante Alighieri.
Tamén aparece en Molloy e Malone morre, dúas novelas do autor irlandés Samuel Beckett, nos Cantos de Ezra Pound e na novela Nocturno de Chile de Roberto Bolaño.
Protagoniza a ópera Sordello, de Temistocle Soleira e Antonio Buzzi.
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Litterator.it. "Sordello da Gioto en la Divina comedia" (en italiano). Litterator.it. Arquivado dende o orixinal o 11 de xuño de 2010. Consultado o 27 de maio de 2010.