Soiuz TMA-14M
Soiuz TMA-14M | |
---|---|
Tipo | Tripulada |
Data de lanzamento | 25 de setembro de 2014, 20:25 GMT[1][2][3] |
Foguete portador | Soiuz FG[2][4] |
Sitio de lanzamento | Cosmódromo de Baikonur[2][5] |
Duración da misión | 167,24 días[5] |
Obxectivo da misión | Acoplamento coa Estación Espacial Internacional.[2][5] |
Regreso | 12 de marzo de 2015, 2:08 GMT[1][5] |
NSSDC ID | 2014-057A |
Masa | 7200 kg[5] |
Soiuz TMA-14M foi unha misión espacial tripulada lanzada cara a Estación Espacial Internacional o 25 de setembro de 2014 mediante un foguete Soiuz FG desde o cosmódromo de Baikonur.[2][3][4]
Características
[editar | editar a fonte]Soiuz TMA-14M, unha Soiuz modelo TMA-M cos cosmonautas Aleksandr Samokutiaiev, Elena Serova e Barry Wilmore a bordo, foi unha misión lanzada para acoplarse coa Estación Espacial Internacional e facer experimentos e mantemento durante un período de seis meses. Serova converteuse na cuarta muller rusa no espazo e a primeira desde 1997. Unha vez en órbita o panel solar do lado de babor da nave Soiuz non se despregou, pero iso non dificultou o acoplamento coa estación espacial, que tivo lugar co módulo de investigación Poisk (MRM2, Mini Research Module 2). Regresou o 12 de marzo de 2015 ás 2:08 GMT.[2][3][4]
A tripulación de respaldo da Soiuz TMA-14M estaba formada por Scott Kelly, Gennadi Padalka e Mikhail Kornienko.[5][2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 N2YO (2017). Real Time Satellite Tracking, ed. "SOYUZ-TMA 14M" (en inglés). Consultado o 5 de xullo de 2021.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 NASA (27 de abril de 2021). "Soyuz-TMA 14M" (en inglés). Consultado o 5 de xullo de 2021.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 "Note verbale dated 10 December 2015 from the Permanent Mission of the Russian Federation to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General" (PDF) (16-00512). 1 de febreiro de 2016: 3. Consultado o 26 de novembro de 2024.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 Gunter Dirk Krebs (2021). Gunter's Space Page, ed. "Soyuz-TMA 01M - 20M (7K-STMA, 11F732A47)" (en inglés). Consultado o 5 de xullo de 2021.
- ↑ 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 5,5 Mark Wade (2021). "Soyuz TMA-14M" (en inglés). Consultado o 5 de xullo de 2021.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Soiuz TMA-14M |