[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Soiuz 13

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Soiuz 13
TipoTripulada
Data de lanzamento18 de decembro de 1973, 11:55 GMT[1][2][3][4]
Foguete portadorSoiuz 11A511[2][5]
Sitio de lanzamentoCosmódromo de Baikonur[2][6]
Duración da misión7,87 días[6]
Obxectivo da misiónProbas coa nave, observacións terrestres e astronómicas.[2][6]
Regreso26 de decembro de 1973, 8:50 GMT[1][6]
NSSDC ID1973-103A
Masa6570,0 kg[2][5][6]

Soiuz 13 foi unha misión espacial tripulada soviética lanzada o 18 de decembro de 1973 mediante un foguete Soiuz 11A511 desde o cosmódromo de Baikonur.[2][3][5]

Características

[editar | editar a fonte]

A misión Soiuz 13 usou unha nave modelo Soiuz 7K-T lixeiramente modificada, que pasou a ser denominada Soiuz 7K-T/AF e que foi única no seu xénero. No módulo orbital ía aloxado o telescopio Orion 2 co que a tripulación, formada polo comandante Piotr Klimuk (o primeiro belaruso en voar ao espazo) e enxeñeiro de voo Valentin Lebedev, fixo observacións astronómicas no ultravioleta. Tamén fixeron observacións da superficie terrestre con outros instrumentos e seguir facendo probas cos sistemas da nova nave.[2][3][4][5]

Tras case oito días en órbita, a cápsula tripulada reentrou na atmosfera terrestre e aterrou a uns 200 km ao suroeste de Karaganda o 26 de decembro de 1973.[2][3][4][5]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]
  1. 1,0 1,1 N2YO (2017). Real Time Satellite Tracking, ed. "SOYUZ 13" (en inglés). Consultado o 2 de setembro de 2017. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 2,7 NASA (21 de marzo de 2017). "Soyuz 13" (en inglés). Consultado o 2 de setembro de 2017. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 "Letter dated 18 March 1974 from the Permanent Representative of the Union of Soviet Socialist Republics addressed to the Chairman of the Committee on the Peaceful Uses of Outer Space" (PDF) (74-07038). 21 de marzo de 1974: 2. Consultado o 2 de setembro de 2017. 
  4. 4,0 4,1 4,2 Claude Lafleur (2017). "Soyuz 13" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 07 de setembro de 2012. Consultado o 2 de setembro de 2017. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 Gunter Dirk Krebs (2017). Gunter's Space Page, ed. "Soyuz 13 (7K-T-AF, 11F615A8)" (en inglés). Consultado o 2 de setembro de 2017. 
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 Mark Wade (2017). "Soyuz 13" (en inglés). Consultado o 2 de setembro de 2017.