[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Sociedade de María (maristas)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Sociedade de María
Societas Mariae
Instituto relixioso da Igrexa Católica
Historia
Fundación1816 en Francia
FundadorJean-Claude Colin
Aprobación29 de abril de 1836 polo papa Gregorio XVI
Goberno e estrutura
Superior XeralJohn Hannan
Outros datos
LemaSub Mariae Nomine
(Baixo o Nome de María)
SiglasS.M.
Sede centralRoma, Italia
Páxina webwww.maristsm.org

A Sociedade de María (en latín: Societas Mariae), cuxos membros son coñecidos coma maristas, é un instituto relixioso católico fundado por Jean-Claude Colin no ano 1816 en Francia.

O instituto ten a súa orixe nun grupo de seminaristas que, en 1816, comprometéronse a fundar unha nova familiar relixiosa, centrada na loita contra a impiedade e o indiferentismo relixioso e imitando o espírito de humildade da Virxe María. A familia debería estar composta por un instituto laical adicado ao ensino (o Instituto dos Irmáns Maristas das Escolas), unha sección feminina (as Irmás da Congregación de María), e unha sección de sacerdotes, a dos padres maristas, que foi a sección encargada a Jean-Claude Colin.

Durante os primeiros anos os sacerdotes maristas pertenceron ao clero diocesano, e en 1825 formaron a primeira compañía de misioneiros para a predicación e o apostolado nas zonas rurais da diocese de Belley.

En 1833 Colin viaxou a Roma para pedir a aprobación do seu instituto, mais atopou certas dificultades. Porén, o 29 de abril de 1836 o papa Gregorio XVI deulles a aprobación definitiva co breve Omium gentium, e encomendoulles a recentemente creada vigairía apostólica de Oceanía occidental. O 24 de setembro celebrouse a profesión de votos dos primeiros vinte padres maristas.

As constitucións da Sociedade de María foron aprobadas en 1873.