Televisión de definición estándar
Aparencia
(Redirección desde «SDTV»)
A definición estándar, en inglés standard definition (SD) ou (SDTV), é a resolución de vídeo dominante dende a orixe da televisión ata a aparición da alta definición (HD). O sistema está ao redor dunha resolución de 500 liñas horizontais. O sistema de codificación PAL funciona cunha resolución de 720×576, mentres que o NTSC proporciona 720×486.
Nalgúns sistemas de vídeo utilízase unha resolución de 720×480 ou 720×386. A SD utiliza unha velocidade que vai dos 25 até os 29,97 cadros por segundo en NTSC, e de 25 para formato PAL. Este formato de definición é moi común en cámaras caseiras e en televisores CRT debido a que é a resolución predominante ata finais dos anos 1990 cando empezou o auxe da alta definición.