[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Nemausus

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Nemausus é un deus celta considerado o patrón de Nemausus (Nîmes). Semella que o deus non foi adorado fóra desa localización. Certamente, o nome da cidade deriva de Nemausus, que probablemente era o bosque sagrado no que a tribo celta dos Volcae Arecomici celebraban as súas asembleas (segundo Encyclopædia Britannica 1911), ou se cadra era o espírito gardián da que proporcionaba auga a todo o asentamento, como suxiren diversas fontes modernas.

Existe un importante santuario de fontes termais na vila; estableceuse na Idade de Ferro e expandiuse coa colonización romana da rexión no século -II, momento no cal existía un activo pulo romano cara ese culto. Outros espíritos locais adorados en Nemausus (Nîmes) foron os Nemausicae ou Matres Nemausicae, que eran deusas da fertilidade e da curación pertencentes ó santuario da fonte.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Green, Miranda (1997) Dictionary of Celtic Myth and Legend. Londres: Thames and Hudson Ltd.