[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Veciños

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Neighbours»)

Neighbours

Filmando exteriores en Pin Oak Court para a serie.
FormatoSoap opera
Creado porReg Watson
Desenvolvido porFremantleMedia
IntérpretesStefan Dennis
Tom Oliver
Alan Fletcher
Jackie Woodburne
Kym Valentine
Ryan Moloney
Carla Bonner
Scott Major
Jane Hall
Janet Andrewartha
Margot Robbie
Matthew Werkmeister
Eve Morey
Erin Mullally
Ashleigh Brewer
Jordan Patrick Smith
Valentina Novakovic
Jordy Lucas
Tema de apertura"Neighbours" de Tony Hatch música
Jackie Trent letra
País de orixeAustralia
Lingua(s)Inglés
Episodios6045 (ao 12 de novembro de 2010)
Produción
Produtor(es)
executivo(s)
Susan Bower
Localización(s)Melbourne
Duración22 min. aprox.
por episodio
Emisión orixinal
Canle de orixeSeven Network (1985)
Network Ten (1986 - actualidade)
Formato de imaxePAL
(1985-2000)
576i (16:9 SDTV)
(2000-2007)
1080i (16:9 HDTV)
(2008 - actualidade)
Primeiro episodio18 de marzo de 1985
Derradeiro episodio-
Na rede
https://10play.com.au/neighbours
IMDB: tt0088580 Allocine: 3567 Metacritic: tv/neighbours TV.com: shows/neighbours
Facebook: Neighbours Twitter: neighbours Instagram: neighbours Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Veciños é unha serie televisiva australiana que comezou a emitir a cadea Seven Network o 18 de marzo de 1985.

A serie creouna o executivo de televisión Reg Watson, quen propuxo a idea de facer unha serie centrada en historias realísticas protagonizadas por adultos e mozos que falan abertamente e resolven os seus problemas xuntos. Seven aceptou a proposta, no tempo xa emitía outra telenovela de Watson con grande éxito Sons and Daughters. Pero a nova serie non tivo os resultados que a cadea esperada, producida en Melbourne tivo baixos índices de audiencia en Sidney e logo de catro meses Seven cancelou a súa emisión, non obstante a principal rival Ten mercou os dereitos, para gravar os novos capítulos tivo que reconstruír os decorados, xa que Seven destruíraos, finalmente Ten estreou os novos capítulos o 20 de xaneiro de 1986, comezando no episodio 171, e en 2005 a serie converteuse na máis longa da televisión australiana. A serie vendeuse a arredor de cincuenta países de todo o mundo, a Televisión de Galicia emitiu algunhas tempadas a partir de 1989.

Desenvolvemento

[editar | editar a fonte]

A liña da serie céntrase na vida persoal e profesional dalgúns dos veciños do barrio ficticio de Erinsborough na cidade de Melbourne, principalmente os de Ramsay Street, unha rúa cega, e o complexo Lassiters, que inclúe bar, hotel, cafetería e parque. Veciños comezou coas tres familias creadas por Watson: Os Ramsay, os Robinson e os Clarkes. Os exteriores de Ramsay Streek correspóndense coa rúa Pin Oak Court de Vermont South, os interiores fímanse nos estudios de Global Television en Forest Hill. Moitos son os actores e personalidades convidadas que pasaron pola serie nas súas 26 tempadas, entre eles Alan Dale, Kylie Minogue, Jason Donovan, Guy Pearce, Jesse Spencer, Radha Mitchell, Ian Smith, Chris Hemsworth, Liam Hemsworth, Luke Hemsworth, Craig McLachlan, Natalie Bassingthwaighte, Kristian Schmid, Natalie Imbruglia, Holly Valance, Delta Goodrem, Stephanie McIntosh, Lily Allen, Russell Crowe, Emma Bunton, Batista ou The Veronicas entre moitos outros.