Nora Ephron
Nora Ephron,[1] nada en Nova York o 19 de maio de 1941 e finada na mesma cidade o 26 de xuño de 2012, foi unha xornalista, guionista e cineasta estadounidense. É coñecida polas súas comedias románticas e foi candidata ao Oscar en tres ocasións polos guións orixinais de Silkwood (1983), Cando Harry atopou a Sally (1989) e Algo para recordar (1993). En ocasións escribiu coa súa irmá Delia Ephron. O seu último filme foi Julie & Julia (2009).[2] A súa primeira obra teatral, Imaginary Friends (2002), foi considerada como unha das dez mellores obras da temporada teatral 2002–03 de Nova York.[3] Tamén foi a coautora da produción teatral Love, Loss, and What I Wore.[2][4] En 2013, Ephron recibiu unha candidatura póstuma aos premios Tony á mellor obra por Lucky Guy.[5]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Ephron naceu en Nova York, nunha familia xudía. Era a máis vella de catro fillas e creceu en Beverly Hills, California.[6] Os seus pais, Henry e Phoebe (de solteira Wolkind) Ephron, naceran na cosa leste e eran destacados dramaturgos e guionistas. Ephron recibiu o seu nome pola protagonista da obra Casa de bonecas, de Henrik Ibsen.[7] As irmás máis novas de Nora, Delia e Amy, tamén son guionistas. A súa irmá Hallie Ephron é xornalista, crítica literaria e novelista de obras de ficción criminal. Os seus pais basearon a personaxe inxenua da obra logo levada ao cinema Take Her, She's Mine na súa filla Nora, de vinte e dous anos, e nas súas cartas da universidade.[8] Ambos os seus pais caeron no alcoholismo no seus últimos anos.[6] Como estudante de instituto, Nora Ephron soñaba con ira a Nova York e converterse nunha Dorothy Parker, poeta, escritora satírica e crítica.[9] Ephron citou o seu profesor de xornalismo do instituto, Charles Simms, como o inspirador na procura dunha carreira no xornalismo.[7] Ephron graduouse do Beverly Hills High School en 1958, e do Wellesley College de Wellesley, Massachusetts, en 1962 cun grao en ciencias políticas.[10]
She casou tres veces. O seu primeiro matrimonio, co escritor Dan Greenburg, acabou en divorcio despois de nove anos.[6] En 1976, casou co xornalista Carl Bernstein. En 1979, Ephron tivo un fillo, Jacob, e estaba embarazada do seu segundo fillo Max cando descubriu a relación entre Bernstein e a súa amiga mutua[11] Margaret Jay, xornalista británica casada. Ephron inspirouse neste feito para escribir a súa novela de 1983 Heartburn,[12] que foi levada ao cinema en 1986 por Mike Nichols con Jack Nicholson e Meryl Streep. No libro, Ephron escribiu sobre un marido chamado Mark, que era "capaz de ter sexo cunha persiana veneciana".[6] Tamén escribiu que a personaxe Thelma (baseada en Margaret Jay) parecía unha xirafa con "grandes pés".[6] Bernstein ameazou con querelarse contra o libro e o filme, mais nunca o fixo.[8]
Ephron estivo casada durante vinte anos co guionista Nicholas Pileggi, ata a súa propia morte. A parella viviu nos outeiros de Hollywood nos Ánxeles e en Nova York.
O amigo de Ephron Richard Cohen dixo dela, "era moi xudía, cultural e emocionalmente. Identificábase completamente cunha muller xudía".[13] Non obstante, Ephron non era relixiosa. "Nunca podes ter demasiada manteiga... isto é a miña crenza. Se teño unha relixión, é esta",[14] dixo nunha entrevista en NPR sobre o seu filme de 2009 Julie & Julia.[15]
O seu fillo, Jacob Bernstein, dirixiu un filme para HBO sobre a vida da súa nai titulado Everything Is Copy.[16]
Gorxa profunda
[editar | editar a fonte]Durante moitos anos, Ephron foi unha das poucas persoas que coñecía a identidade de Deep Throat ("Gorxa profunda"), o informador anónimo dos artigos escritos polo seu ex marido Carl Bernstein e Bob Woodward descubrindo o escándalo Watergate.[17] Ephron leu as notas de Bernstein, nas que se refería a Deep Throat como "MF";[17] Bernstein afirmou que se refería a "My Friend" ("O meu amigo"), mais Ephron supuxo correctamente que era unha referencia a Mark Felt, antigo director asociado do FBI.[17]
Despois da fin do matrimonio de Ephron e Bernstein, Ephron revelou a identidade de Deep Throat ao seu fillo Jacob e a calquera que llo preguntase. Unha vez dixo, "Eu daría discursos diante de 500 persoas e alguén preguntaría, 'Sabe quen é Deep Throat?' e eu respondería, 'É Mark Felt'."[18][6] Compañeiros de Jacob Bernstein no Dalton School e Vassar College falan de que Jacob revelou a numerosas persoas que Felt era Deep Throat. Esta revelación atraeu pouca atracción dos medios durante o tempo en que a identidade de Deep Throat era un misterio. Ephron dixo que "ninguén, á parte do meu fillo, me cre".[19][20] Ephron foi invitada por Arianna Huffington a escribir sobre a súa experiencia no Huffington Post, en que era blogueira regular e editora a tempo parcial.[17]
Obra
[editar | editar a fonte]Filmografía
[editar | editar a fonte]Como actriz, Nora Ephron aparece en dous filmes dirixidos polo seu amigo Woody Allen. Está acreditada como invitada á voda en Delictos e faltas (1989)[21] e como invitada á festa en Maridos e mulleres (1992).[22]
Ano | Título | Acreditada como | ||
---|---|---|---|---|
Directora | Guionista | Produtora | ||
1983 | Silkwood | Si | ||
1986 | Heartburn | Si | ||
1989 | Cando Harry atopou a Sally | Si | Si | |
Cookie | Si | Si | ||
1990 | My Blue Heaven | Si | Si | |
1991 | The Super (sen acreditar)[23] | Si | ||
1992 | This Is My Life | Si | Si | |
1993 | Algo para recordar | Si | Si | |
1994 | Mixed Nuts | Si | Si | |
1996 | Michael | Si | Si | Si |
1998 | All I Wanna Do | Si | ||
Tes un correo | Si | Si | Si | |
2000 | Hanging Up | Si | Si | |
Lucky Numbers | Si | Si | ||
2005 | Enfeitizada | Si | Si | Si |
2009 | Julie & Julia | Si | Si | Si |
Obras de teatro
[editar | editar a fonte]Ano | Título | Notas | Teatro |
---|---|---|---|
2002 | Imaginary Friends | Writer | Ethel Barrymore Theatre |
2008 | Love, Loss, and What I Wore | Coautora | Westside Theatre |
2013 | Lucky Guy | Autora | Broadhurst Theatre |
Coleccións de artigos e outras obras
[editar | editar a fonte]- Wallflower at the Orgy (1970)
- Crazy Salad: Some Things About Women (1975)[24]
- The Boston Photographs (1975)
- Scribble, Scribble: Notes on the Media (1978)
- Heartburn (1983, novela)
- I Feel Bad About My Neck: And Other Thoughts on Being a Woman (2006)
- I Remember Nothing: And Other Reflections (2010)
- The Most of Nora Ephron (2013)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Delia Ephron on the Closeness and Complexity of Sisterhood". Fresh Air. NPR. 9 de decembro de 2013. Escena en 1:18–1:44. Consultado o 11 de decembro de 2013. Interview.
- ↑ 2,0 2,1 Mcgrath, Charles (26 de xuño de 2012). "Writer and Filmmaker With a Genius for Humor". The New York Times. Consultado o 27 de xuño de 2012.
- ↑ The best plays of 2002–2003. Jenkins, Jeffrey Eric. (84th ed.). Nova York: Limelight Editions. 2004. ISBN 0879103035. OCLC 55139647.
- ↑ "Ragtime, The Scottsboro Boys, The Addams Family and Finian's Rainbow Top Nominations for 2010 Drama Desk Awards"
- ↑ Cadenas, Kerensa (2 de maio de 2013). "Nora Ephron, Cyndi Lauper Among Tony Award Nominees" (en inglés). IndieWire. Consultado o 18 de abril de 2017.
- ↑ 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 6,5 Hawkins, Ed (4 de marzo de 2007). "Get real – ageing's not all Helen Mirren". The Times (Londres). Arquivado dende o orixinal o 28 de setembro de 2011. Consultado o 16 de agosto de 2007.
- ↑ 7,0 7,1 Dance, Liz (2015). Everything is Copy. Jefferson, Carolina do Norte: McFarland & Company, Inc. ISBN 978-0-7864-9674-7.
- ↑ 8,0 8,1 Brockes, Emma (3 de marzo de 2007). "Everything is copy". The Guardian (Londres). Consultado o 16 de agosto de 2007.
- ↑ "Ephron, Nora." Current Biography Yearbook 1990. The H.W. Wilson Company. 1990. páx. 216.
- ↑ Bergan, Ronald (27 de xuño de 2012). "Nora Ephron obituary". The Guardian (en inglés). ISSN 0261-3077. Consultado o 22 de marzo de 2017.
- ↑ "For the truly vengeful, the pen (or word processor) is mightier than the sword". Cosmopolitan. 1 de xullo de 1996. Arquivado dende o orixinal o 05 de outubro de 2007. Consultado o 17 de agosto de 2007.
- ↑ "Baroness Jay's political progress". BBC News. 31 de xullo de 2001. Consultado o 16 de agosto de 2007.
- ↑ Glassman, Thea (12 de setembro de 2016). "Richard Cohen and Nora Ephron: The Real-Life Harry and Sally". The Forward (The Forward Organization, Inc.). Consultado o 28 de maio de 2017.
- ↑ Orixinal en inglés: "You can never have too much butter – that is my belief. If I have a religion, that's it"
- ↑ "Nora Ephron On Julie, Julia And Cooking Like A Child". NPR.org. 7 de agosto de 2009.
- ↑ "Nora Ephron's son to make documentary about her life". 3 News NZ. 9 de abril de 2013. Arquivado dende o orixinal o 03 de xullo de 2013. Consultado o 21 de abril de 2019.
- ↑ 17,0 17,1 17,2 17,3 Ephron, Nora (31 de maio de 2005). "Deep Throat and Me: Now It Can Be Told, and Not for the First Time Either". The Huffington Post. Consultado o 19 de decembro de 2008.
- ↑ Orixinal en inglés: "I would give speeches to 500 people and someone would say, 'Do you know who Deep Throat is?' And I would say, 'It's Mark Felt'".
- ↑ Orixinal en inglés: "No one, apart from my sons, believed me".
- ↑ "Nora Ephron". The Daily Telegraph (Londres). 27 de xuño de 2012.
- ↑ IMDb
- ↑ IMDb
- ↑ Borrelli, Christopher (27 de setembro de 2011). "'Teen Wolf' director's brutally honest commentary". Chicago Tribune. Arquivado dende o orixinal o 08 de abril de 2015. Consultado o 13 de abril de 2015.
- ↑ Yardley, Jonathan (2 de novembro de 2004). "Nora Ephron's 'Crazy Salad': Still Crisp". The Washington Post.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- John Williams (27 de xuño de 2012). "Nora Ephron, the Queen of Quips". The New York Times. Consultado o 28 de xuño de 2012.
- Frank Bruni (27 de xuño de 2012). "At the Table, Nora Ephron Knew Best". The New York Times. Consultado o 28 de xuño de 2012.
- Julia Moskin (27 de xuño de 2012). "Nora Ephron Never Forgot the Food". The New York Times. Consultado o 28 de xuño de 2012.
- Neri Livneh (5 de xullo de 2012), "Neri Livneh salutes her heroine, Nora Ephron"
- "Plays by Nora Ephron". Doollee.
- Nora Ephron Arquivado 26 de setembro de 2017 en Wayback Machine., vídeo producido por Makers: Women Who Make America
- Nados en Manhattan
- Nados en 1941
- Finados en 2012
- Guionistas dos Estados Unidos de América
- Directores de cine dos Estados Unidos de América
- Produtores de cine dos Estados Unidos de América
- Xornalistas dos Estados Unidos de América
- Dramaturgos dos Estados Unidos de América
- Escritores dos Estados Unidos de América
- Escritores en lingua inglesa
- Blogueiros
- Estadounidenses de ascendencia xudía
- Finados por leucemia