NGC 1499
NGC 1499 | |
---|---|
Datos para a observación | |
Época= X2000,0 | |
Tipo de obxecto | Nebulosa de emisión |
Ascensión recta | 04h 03m 18,00s |
Declinación | +36° 25′ 18,0" |
Distancia | 1.000 al |
Magnitude aparente | 6,0 |
Dimensións aparentes | 2,5 ° de longo |
Constelación de | Perseus |
Características físicas | |
Radio | ? |
Magnitude absoluta | ? |
Outras designacións | NGC 1499, Sharpless 220 |
A Nebulosa California (NGC 1499) é unha nebulosa de emisión situada na constelación de Perseus. É chamada así porque parece asemellarse ó contorno do estado de California, Estados Unidos, en fotografías de longa exposición. Ten un tamaño aparente de case 2,5° de longo e, debido ó seu baixisimo brillo superficial, é moi difícil observala visualmente. Pódese observar cun filtro Hβ (que illa o Hβ, na liña de 486 nm) dentro dun rico campo visual no telescopio baixo ceos escuros.[1] Está a unha distancia de preto de 1.000 anos luz da Terra. A súa fluorescencia débese á excitación da liña Hβ da nebulosa pola prodixiosamente enerxética e próxima estrela O7, xi Persei (tamén coñecida como Menkib, véxase na diapositiva de abaixo, no centro cara a abaixo e un pouco cara a dereita)[2]
A Nebulosa de California foi descuberta por E. E. Barnard en 1884.
-
Imaxe da Nebulosa California vista dende un telescopio afeccionado.
-
Imaxe infravermella da nebulosa tomada polo WISE.
Referencias
[editar | editar a fonte]- ↑ "The California Nebula". observing.skyhound.com. Consultado o 23-12-2013.
- ↑ Encyclopedia of Alternative Energy (ed.). "Menkib(Xi Persei)".
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: NGC 1499 |
- NGC 1499 at SEDS (en inglés)
- Menkhib and the California Nebula by the Wide-field Infrared Survey Explorer (WISE) (en inglés)