Negev
Tipo | deserto división administrativa | |||
---|---|---|---|---|
Parte de | Terra de Israel | |||
Localización | ||||
División administrativa | Israel | |||
| ||||
Características | ||||
Punto máis alto | Mount Ramon (en) (1.037 m ) | |||
Superficie | 13.000 km² | |||
O Negev (hebreo: הַנֶּגֶב ) ou Naqab (árabe: النقب an-Naqab) é un deserto e rexión semi-desértica situado ao sur de Israel. A maior cidade da rexión e capital administrativa é Beersheba (pob. 203,604), situada ao norte. No seu extremo sur sitúase o Golfo de Aqaba e a cidade resort de Eilat. Contén varias ''cidades de desenvolvemento'' (asentamentos), incluíndo Dimona, Arad e Mitzpe Ramon, así como unha serie de pequenas cidades beduínas, incluíndo Rahat e Tel as-Sabi. Hai tamén varios kibbutz, incluíndo Revivim e Sde Boker; este último foi o lugar de retiro do Primeiro Ministro, David Ben-Gurion, trala súa retirada da política. O deserto é a sede da Universidade Ben-Gurion do Negev.
Desde 1948, o Negev está baixo control israelí. Nos primeiros anos do estado, absorbeu moitos refuxiados xudeus dos países árabes. Desde entón, o Negev tamén se fixo sede de moitas das bases das Forzas de Defensa de Israel.
Etimoloxía; outros nomes
[editar | editar a fonte]A orixe da palabra negev provén da raíz hebrea significando "seco". Na Biblia, palabra Negev utilízase tamén para a dirección 'sur'.
En árabe, o Negev coñécese como al-Naqab ou an-Naqb ("[montaña] pasar"),[1][2] aínda que non foi pensado como unha rexión distinta ata a delimitación da fronteira exipcio-otomá na década de 1890 e non ten nome árabe tradicional.[3]
Durante o Mandato Británico chamouse sub-distrito de Beersheba.[3]
Flora e fauna
[editar | editar a fonte]A vexetación no Negev é escasa, pero certas árbores e plantas medran alí, entre eles Acacia, Pistacia, Retama, Urginea maritima e Thymelaea.[4] Unha pequena poboación de leopardos de arabia, un animal en perigo de extinción na península Arábiga, sobrevive no sur do Negev.[5] A tartaruga do Negev (Testudo werneri), especie en perigo de extinción, actualmente vive só nas areas occidental e central do Negev.[6] A Crocidura ramona é unha especie de mamífero da familia Soricidae atopado só en Israel.[7] A Hyphaene thebaica pode atoparse ao sur do Negev. Evrona é o punto máis ao norte no mundo onde pode atoparse esta palma.
Clima
[editar | editar a fonte]A rexión do Negev é árida (Eilat recibe, en media, só 24 mm de choiva por ano), recibindo moi pouca choiva debido á súa localización ao leste do Sáhara (como oposición ao Mediterráneo, que queda ao occidente de Israel), e temperaturas extremas, debido á súa localización 31 graos norte. Con todo, as áreas máis setentrionais do Negev, incluíndo Beersheba, son semi-áridas. A neve e as xeadas son raras no norte do Negev, e descoñecidas nos arredores de Eilat.[8]
Datos climáticos para Beersheba | |||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Mes | Xan | Feb | Mar | Abr | Mai | Xuñ | Xul | Ago | Set | Out | Nov | Dec | Anual |
Temperatura máxima en °C | 28,4 | 31 | 35,4 | 40,9 | 42,2 | 46 | 41,5 | 40,5 | 41,2 | 39,6 | 34 | 31,4 | 46 |
Media máxima en °C | 16,7 | 17,5 | 20,1 | 25,8 | 29 | 31,3 | 32,7 | 32,8 | 31,3 | 28,5 | 23,5 | 18,8 | 25,67 |
Media mínima en °C | 7,5 | 7,6 | 9,3 | 12,7 | 15,4 | 18,4 | 20,5 | 20,9 | 19,5 | 16,7 | 12,6 | 8,9 | 14,17 |
Temperatura mínima en °C | −5 | −0,5 | 2,4 | 4 | 8 | 13,6 | 15,8 | 15,6 | 13 | 10,2 | 3,4 | 3 | −5 |
Precipitación media mm | 49,6 | 40,4 | 30,7 | 12,9 | 2,7 | 0 | 0 | 0 | 0,4 | 5,8 | 19,7 | 41,9 | 204,1 |
Media de días con precipitacións | 9,2 | 8 | 6,4 | 2,6 | 0,8 | 0 | 0 | 0 | 0,1 | 1,8 | 4,6 | 7,5 | 41 |
Fonte: Israel Meteorological Service[9][10] |
Datos climáticos para Eilat | |||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Mes | Xan | Feb | Mar | Abr | Mai | Xuñ | Xul | Ago | Set | Out | Nov | Dec | Anual |
Temperatura máxima en °C | 32,2 | 35,8 | 38,7 | 43,4 | 45,2 | 47,4 | 48,3 | 48,0 | 45,0 | 44,3 | 38,1 | 33,6 | 48,3 |
Media máxima en °C | 21,3 | 23,0 | 26,1 | 31,0 | 35,7 | 38,9 | 40,4 | 40,0 | 37,3 | 33,1 | 27,7 | 23,0 | 31,46 |
Media mínima en °C | 10,4 | 11,8 | 14,6 | 18,4 | 22,5 | 25,2 | 27,3 | 27,4 | 25,2 | 21,8 | 16,3 | 11,9 | 19,4 |
Temperatura mínima en °C | 1,2 | 0,9 | 3,0 | 8,4 | 12,1 | 18,5 | 20,0 | 19,4 | 18,6 | 9,2 | 5,3 | 2,5 | 0,9 |
Chuvia media mm | 4 | 3 | 3 | 2 | 1 | 0 | 0 | 0 | 0 | 4 | 2 | 5 | 24 |
Media de días con chuvia (≥ 0.1 mm) | 2,1 | 1,8 | 1,6 | 0,9 | 0,7 | 0 | 0 | 0 | 0 | 0,7 | 0,8 | 1,9 | 10,5 |
Fonte: Israel Meteorological Service[11][12][13][14] |
Demografía
[editar | editar a fonte]No ano 2010, residían 630 000 persoas (ou 8.2% da poboación israelí), aínda que está composta por máis do 55% do país. Uns 470 000 residentes ou o 75% da poboación do Negev son xudeus, mentres que de 160 000 ou o 25% son beduínos.[15]
Proxectouse que a área metropolitana de Beersheba chegará a unha poboación de 1 millón en 2020, e a Arad, Yeruham, e Dimona triplicará o seu tamaño no 2025.[16][17]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Moshe Sharon (1997). 'Aqabah (Ailah). Corpus Inscriptionum Arabicarum Palaestinae. Handbook of Oriental Studies/Handbuch Der Orientalistik (Leiden & Boston: Brill Academic Publishers). pp. 89–90. ISBN 9789004108332. Consultado o 1 May 2015.
In fact, there are two mountain passes through which the road of Aylah has to cross. The western one crosses the mountain ridge to the west of the gulf, and through it passes the main road from Egypt which cuts through the whole width of Sinai, coming from Cairo via Suez. This mountain pass is also called 'Aqabat Aylah, or as it is better known, "Naqb al-'Aqabah" or "Ras an-Naqb."
- ↑ https://books.google.co.il/books?id=71SnYdunv1MC&pg=PA670&lpg=PA670&dq=%22Naqb%22+%22negev%22+bedouin&source=bl&ots=EmTXpblmiv&sig=7o-BSiNevrZIl2gHgYAoPirkBHE&hl=en&sa=X&ei=athCVZ7AG8T1aqa_gMgM&ved=0CEsQ6AEwCQ#v=onepage&q=%22Naqb%22%20%22negev%22%20bedouin&f=false
- ↑ 3,0 3,1 Palestine Exploration Quarterly (April 1941).
- ↑ Bailey, C.; Danin, A. (1981). "Bedouin plant utilization in Sinai and the Negev". Economic Botany 35 (2): 145. doi:10.1007/BF02858682.
- ↑ "Gulf-Environment: Arabian Leopard Faces Extinction". Arquivado dende o orixinal o 05 de maio de 2016. Consultado o 02 de january de 2017.
- ↑ "Re-introduction - Negev tortoise". Arquivado dende o orixinal o 15 de decembro de 2013. Consultado o 02 de xaneiro de 2017.
- ↑ Crocidura ramona
- ↑ "Beersheba, ISR Weather". MSN. Arquivado dende o orixinal o 17 de novembro de 2007. Consultado o 2008-01-25.
- ↑ "Averages and Records for Beersheba (Precipitation, Temperature and Records [Excluding January and June] written in the page)". Israel Meteorological Service. August 2011.
- ↑ "Records Data for Israel (Data used only for January and June)". Israel Meteorological Service.
- ↑ "Averages and Records for Tel Aviv (Precipitation, Temperature and Records written in the page)". Israel Meteorological Service. Consultado o 1 August 2010.(en hebreo)
- ↑ "Extremes for Tel Aviv [Records of February and May]". Israel Meteorological Service. Consultado o 2 August 2015.(en hebreo)
- ↑ "Temperature average". Israel Meteorological Service. Arquivado dende o orixinal o 18 de xuño de 2013. Consultado o 8 December 2011.(en hebreo)
- ↑ "Precipitation average". Arquivado dende o orixinal o 25 de setembro de 2011. Consultado o 12 July 2011.(en hebreo)
- ↑ "A Bedouin welcome - Israel Travel, Ynetnews". Ynetnews.com. 1995-06-20. Consultado o 2011-10-09.
- ↑ Udasin, Sharon. "‘1.2 million residents in the Negev by 2025’ | JPost | Israel News". JPost. Consultado o 2014-01-19.
- ↑ "תוכנית באר שבע אושרה; המטרה – מיליון תושבים עד שנת 2020". Calcalist.co.il. 1995-06-20. Consultado o 2014-01-19.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Negev |