[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Conca do Mediterráneo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Mundo mediterráneo»)
Modelo:Xeografía físicaConca do Mediterráneo
Imaxe
Tipobioregion (en) Traducir
sea basin (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
EpónimoMar Mediterráneo Editar o valor en Wikidata
Mapa
 0°N 0°L / 0, 0
Bañado porMar Mediterráneo Editar o valor en Wikidata
Características
Superficie4.000.000 km² Editar o valor en Wikidata
Mapa das concas de drenaxe aos océanos e aos mares Mediterráneo e Caribe. Os territorios que drenan as súas augas no Mediterráneo aparecen coloreados de azul claro

A conca do Mediterráneo é un concepto xeográfico con connotaciones históricas e culturais.

Nela desenvolvéronse as denominadas civilizacións mediterráneas, cuxa continuidade no tempo ata a actualidade maniféstase nunha cultura mediterránea en gran parte común por riba das fondas diferenzas políticas e relixiosas. Tal unidade de cultura ou civilización viuse afectada na época contemporánea por varios factores: por unha banda aparece homoxeneizada coas do resto do mundo por efecto da globalización; e doutra banda presenta unha contraditoria relación co fenómeno do turismo, que por unha banda a magnifica e por outro a desvirtúa. Adoitan definirse como trazos comúns desa cultura mediterránea, ademais da herdanza cultural da Antigüidade clásica e do enfrontamento secular de civilizacións (grecorromana, xudeocristiá, islámica), moitos da vida cotiá, como a dieta mediterránea (legumes, froitas e verduras, peixe; e os tres alimentos básicos elaborados dende a máis remota antigüidade a partir de produtos agrícolas e cultivos especificamente adaptados á rexión: pan do trigo, aceite da oliveira e viño da vide -ás veces denominados triloxía mediterránea-); a animada vida e o espírito de festa estimuladas pola benignidade do clima mediterráneo; multitude de tópicos e estereotipos, como unha certa forma, á vez vitalista e fatalista, de entendela vida.[1]

A unidade do Mediterráneo preténdese activar periodicamente por certas iniciativas políticas (Proceso de Barcelona: Unión para o Mediterráneo) e ata deportivas (Xogos do Mediterráneo).

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]