[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Mike Portnoy

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaMike Portnoy

(2010) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Michael Stephen Portnoy Editar o valor en Wikidata
20 de abril de 1967 Editar o valor en Wikidata (57 anos)
Long Beach, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
EducaciónBerklee College of Music
Long Beach High School (en) Traducir
Five Towns College (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónbatería, compositor, compositor de cancións, produtor musical, músico, artista discográfico Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1984 Editar o valor en Wikidata -
Membro de
Xénero artísticoMetal progresivo Editar o valor en Wikidata
InstrumentoBatería e voz Editar o valor en Wikidata
Selo discográficoRoadrunner Records Editar o valor en Wikidata
Familia
PaiHoward Portnoy Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteObálky knih, Editar o valor en Wikidata
Páxina webmikeportnoy.com Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm1763780 Facebook: mikeportnoyofficial Twitter: MikePortnoy Instagram: mikeportnoy Youtube: UCy25_FRkMpEOpDB7efe7bug Spotify: 0tXHekFgHjeLensP3Uf2b9 Musicbrainz: b5f0d80b-d773-44dc-b136-36163e526589 Songkick: 473175 Discogs: 273937 Allmusic: mn0000059338 Deezer: 1255743 Editar o valor en Wikidata

Mike Portnoy (20 de abril de 1967) foi o batería e cofundador da banda estadounidense de metal progresivo Dream Theater.

Ademais do seu traballo con Dream Theater, Portnoy é coñecido polos seus moitos proxectos paralelos e bandas tributo. É membro fundador de Liquid Tension Experiment, unha banda de rock progresivo instrumental na que tamén está os seus compañeiros de Dream Theater John Petrucci e Jordan Rudess, xunto co baixista Tony Levin. Tamén é fundador de Transatlantic, un supergrupo de rock progresivo co teclista de Spock's Beard Neal Morse, o guitarrista de The Flower Kings Roine Stolt e o baixista de Marillion Pete Trewavas.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Nado o 20 de abril de 1967 en Nova York, amosou xa de moi novo a súa afección pola música. Entrou no Berklee Music College de Boston onde coñecería os seus compañeiros de grupo: John Petrucci (guitarrista) e John Myung (baixista). Ademais de traballar en Dream Theater, Portnoy forma parte de Liquid Tension Experiment ou OSI, entre outros proxectos. As súas composicións están fortemente marcadas por dobres bombos, enérxicos redobres, polirritmias e sobre todo unha grande orixinalidade. Dispón dun incontable número de accesorios no seu equipo de batería, os cales aproveita para sacar novos sons, xogando con eles.

O seu carácter obsesivo compulsivo lévao sempre a involucrarse de forma desmesurada en calquera das súas actividades, por iso evita o alcol e o tabaco. Deixou este último como promesa á súa nai no leito de morte ao falecer esta dun cancro. Nos concertos en directo sempre ofrece a nota de cor. As súas escenas cómicas son fielmente captadas polas cámaras que el mesmo se encarga de dirixir. Mike Portnoy é un 'pallaso' entrañable do cal, a pesar das críticas suscitadas cara a el nalgunha ocasión, non se lle pode negar que se trata dun dos mellores baterías do mundo.

Influencias

[editar | editar a fonte]

Entre as influencias favoritas de Portnoy están Neil Peart, Frank Zappa, Terry Bozzio, Phil Collins, Vinnie Colaiuta, Simon Philips, John Bonham, Keith Moon, Ringo Starr e Bill Bruford. Como bandas favoritas ten a The Beatles, Queen, Yes, Rush, Pink Floyd, Metallica, Jellyfish, Iron Maiden, U2 e Jane's Addiction.

Mike Portnoy conta con diferentes e xigantescos kits de batería:

  • Siamese Monster (Tama/Sabian)
  • Purple Monster (Tama/Sabian)
  • The Transatlantic kit (Tama/Sabian)
  • The Awake/ A Change of Seasons kit (Mapex/Sabian)

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]