[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

A Severa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Maria Severa»)
Modelo:BiografíaA Severa

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(pt) Maria Severa Onofriana Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1820 Editar o valor en Wikidata
Lisboa, Portugal Editar o valor en Wikidata
Morte30 de novembro de 1846 Editar o valor en Wikidata (25/26 anos)
Lisboa, Portugal Editar o valor en Wikidata
Causa da mortetuberculose Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióncantante Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticoFado Editar o valor en Wikidata
InstrumentoGuitarra e voz Editar o valor en Wikidata

WikiTree: Onofriana-1

Maria Severa, nada en Lisboa en 1820 e finada o 30 de novembro de 1846, foi unha cantante portuguesa de fado, considerada a mítica fundadora deste estilo[Cómpre referencia], caracterizada polos seus fados lisboetas.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

A Severa naceu en Lisboa, no barrio da Madragoa. Era filla de Severo Manuel, de etnia xitana, e Ana Gertrudes. A súa nai era propietaria dunha taberna, e era alcumada A Barbuda, debido á barba que tiña na cara.

A Severa era unha prostituta alta e graciosa, que cantaba o fado (especialmente nunha taberna da Rúa do Capelão). Tivo varios amantes coñecidos, entre eles o Conde de Vimioso (Don Francisco de Paula Portugal e Castro), que ó parecer quedaba enfeitizado pola forma como cantaba e tocaba a guitarra, levándoa frecuentemente ós touros.

Morreu de tuberculose en 1846 na rúa do Capelão, na Mouraria (Lisboa), sendo sepultada no camposanto do Alto de São João nunha foxa común.

A súa fama débese en boa parte a Júlio Dantas, que escribiu a novela A Severa. A obra foi levada ó teatro en 1901, e foi adaptada para facer a primeira película sonora portuguesa, realizada por Leitão de Barros en 1931.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]