[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Manuel Viturro Posse

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaManuel Viturro Posse

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacementoséculo XIX Editar o valor en Wikidata
Rianxo, España Editar o valor en Wikidata
Morte13 de marzo de 1936 Editar o valor en Wikidata
A Coruña, España Editar o valor en Wikidata
Alcalde de Noia
1891 – 1893 Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónavogado, político Editar o valor en Wikidata
Familia
FillosManuel Viturro Somoza Editar o valor en Wikidata

BUSC: viturro-posse-manuel-m-1936


Manuel Viturro Posse, nado en Rianxo e finado na Coruña o 13 de marzo de 1936,[1] foi un avogado e político galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Fillo de Manuel Viturro Rivera. Foi alcalde de Noia a finais do século XIX, cargo do que foi suspendido a principios de 1893. Foi secretario da Deputación da Coruña dende 1896. Líder do Partido Liberal en Rianxo, logo de que en 1907 Ramón Tojo Pérez pasase ás filas conservadoras do Marqués de Figueroa, converteuse no home de confianza da familia Gasset. Aparece caricaturizado como cacique por Castelao en El Barbero Municipal. En 1923 foi cesado como secretario da Deputación.


Predecesor:
?
 
Alcalde de Noia
 
1891 - 1893
Sucesor:
José Souto Chás

Recoñecementos

[editar | editar a fonte]

Foille concedida a gran cruz de Isabel la Católica en 1920.

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Casou con Elena Somoza Hartley e foi pai de Manuel Viturro Somoza.

  1. Necrolóxica en La Voz de Galicia, 14-3-1936, p. 5, 7.