Macrosocioloxía
A macrosocioloxía é unha perspectiva da socioloxía que alienta a análise dos sistemas sociais e de poboación a grande escala. Enfócase maiormente ó nivel da estrutura social, e frecuentemente ó nivel da abstracción teórica.[1] É a contraparte da microsocioloxía, que se enfoca na axencia social individual. A macrosocioloxía tamén abrangue ós individuos, ás familias e a outros aspectos constituentes da sociedade, pero sempre o fai en relación a un sistema social meirande dos cales forman parte. A macrosocioloxía tamén pode ser a análise de grandes colectivos sociais (por exemplo unha cidade ou a Igrexa).[2] As poboacións humanas son consideradas unha sociedade no grao que é politicamente autónoma e os seus membros participan nun amplo abano de actividades de cooperación.[3] Por examplo, esta definición pode aplicarse á poboación de Alemaña sendo unha sociedade, pero as persoas xermano-falantes en si mesmas no se considerarían unha sociedade por estar dispersas en varios países.[3] A macrosocioloxía estuda tendencias sociais amplas que se poden aplicar posteriormente ás características máis pequenas dunha sociedade. Para diferencialo ben, a macrosocioloxía estuda cuestións como a guerra, o sufrimento nas nacións do Terceiro Mundo, a pobreza e a privación ambiental, mentres que a microsocioloxía analiza cuestións como o rol da muller, a natureza da familia e migración.[3]
Representantes de teorías macrosociolóxicas
[editar | editar a fonte]- Auguste Comte; que creou o temo "socioloxía" e cría que a sociedade podía ser estudada como calquera outra póla da ciencia.
- Émile Durkheim; que viu as cuestións individuais como un reflexo de patróns sociais, completando o primeiro estudo de socioloxía (que vinculaba o suicidio coas tendencias sociais).
- Herbert Spencer; que creou o termo "supervivencia do máis apto" en referencia ás disposicións sociais humanas (Darwinismo social).
- Karl Marx; que analizou a sociedade dende a perspectiva do conflito de clases entre traballadores e propietarios.
- Talcott Parsons; cuxa acción teórica tentou xuntar a influencia dos factores macro e micro, en relación cun contexto epistemolóxico superior da teoría de sistemas e a cibernética.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Craig Calhoun(ed) Dictionary of the Social Sciences (Article: Macrosociology), Oxford University Press, 2002
- ↑ John Scott & Gordon Marshall (eds) Dictionary of Sociology, Oxford University Press, 2000
- ↑ 3,0 3,1 3,2 Gerhard Lenski, Human societies: An introduction to Macrosociology, McGraw-Hill, 1982, ISBN 0-07-037176-8
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Gerhard Lenski, Human societies: An introduction to Macrosociology, McGraw-Hill, 1982, ISBN 0-07-037176-8 (en inglés)