Matriz nuclear
En bioloxía, a matriz nuclear é unha hipotética rede de fibras que se encontra dentro do núcleo celular e é un concepto parecido ao do citoesqueleto do citoplasma, aínda que se propón que a matriz nuclear é máis dinámica que o citoesqueleto. A matriz nuclear, xunto con lámina nuclear, axuda a organizar a información xenética dentro da célula.
O concepto de matriz nuclear é polémico e non todos os investigadores o aceptan. Discútese a súa función exacta e tamén a súa mesma existencia.[1] As primeiras evidencias de que podería existir no núcleo unha matriz obtivéronse en 1948 (Zbarskii e Debov), e descubríronse moitas proteínas nucleares que poderían formar parte da matriz. Algnhas destas proteínas son as chamadas Proteínas Asociadas ao Armazón ou Proteínas Asociadas á Matriz, que teñen un papel na organización da cromatina. A matriz podería estar implicada na regulación da expresión xénica na planta Arabidopsis thaliana.[2]
A composición das proteínas que formarían esta matriz nuclear varía segundo o tipo celular en cancros humanos, polo que sería específica de tumor e distinta da observada en células normais.[3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Pederson T (March 2000). "Half a century of 'the nuclear matrix'". Molecular Biology of the Cell 11 (3): 799–805. PMC 14811. PMID 10712500. doi:10.1091/mbc.11.3.799.
- ↑ Tetko IV, Haberer G, Rudd S, Meyers B, Mewes HW, Mayer KF (March 2006). "Spatiotemporal expression control correlates with intragenic scaffold matrix attachment regions (S/MARs) in Arabidopsis thaliana". PLoS Computational Biology 2 (3): e21. PMC 1420657. PMID 16604187. doi:10.1371/journal.pcbi.0020021.
- ↑ Rynearson AL, Sussman CR (June 2011). "Nuclear structure, organization, and oncogenesis". Journal of Gastrointestinal Cancer 42 (2): 112–7. PMID 21286858. doi:10.1007/s12029-011-9253-5.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Nickerson J (February 2001). "Experimental observations of a nuclear matrix". Journal of Cell Science 114 (Pt 3): 463–74. PMID 11171316. Arquivado dende o orixinal o 12 de setembro de 2019. Consultado o 28 de decembro de 2015.
- Tsutsui KM, Sano K, Tsutsui K (August 2005). "Dynamic view of the nuclear matrix" (PDF). Acta Medica Okayama 59 (4): 113–20. PMID 16155636.
- Miller TE, Beausang LA, Winchell LF, Lidgard GP (January 1992). "Detection of nuclear matrix proteins in serum from cancer patients". Cancer Research 52 (2): 422–7. PMID 1728414.
- Girod PA, Nguyen DQ, Calabrese D, et al. (September 2007). "Genome-wide prediction of matrix attachment regions that increase gene expression in mammalian cells". Nature Methods 4 (9): 747–53. PMID 17676049. doi:10.1038/nmeth1076.