Libredón
- Véxase tamén El Libredón, diario que se publicou en Santiago de Compostela de 1881 a 1887.
Libredón era un monte ou bosque próximo a Santiago de Compostela no que, segundo a lenda, se soterrou o corpo do apóstolo Santiago.
Descrición
[editar | editar a fonte]O Códice Calixtino, escrito en 1139, relata que os discípulos de Santiago Teodoro e Atanasio trasladaron o seu corpo desde Padrón nun carro tirado por bois até o bosque Libredón (anteriormente Liberum Donum), no que foi soterrado. O lugar foi esquecido até que, no século X, o ermitán Paio (Pelagius) viu unhas luces que iluminaban o lugar. Imaxinando a razón, pois coñecía a tradición, avisou a Teodomiro, bispo de Iria Flavia. Este atopou unha pequena capela cun altar e unha cripta na que había tres tumbas, a de Santiago e a dos seus dous discípulos. Informou ao rei de Galiza, Afonso II o Casto, que viaxou desde Oviedo polo que se denomina o Camiño Antigo, para verificar que os ósos correspondían cos do apóstolo. De Oviedo viñeron doce monxes beneditinos, a primeira basílica ergueuse no bosque de Libredón e ao seu redor naceu Compostela.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Franco Taboada, Arturo (1998). Los orígenes de Compostela: una historia dibujada (en castelán). Antilia. ISBN 84-923996-1-9.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- "Historia de Santiago de Compostela" vivecamino.com La Voz de Galicia.