Modern Family
Modern Family | |
---|---|
Formato | Sitcom Falso documental Comedia |
Creado por | Christopher Lloyd Steven Levitan |
Intérpretes | Ed O'Neill Sofía Vergara Julie Bowen Ty Burrell Jesse Tyler Ferguson Eric Stonestreet Sarah Hyland Ariel Winter Nolan Gould Rico Rodriguez II |
País de orixe | Estados Unidos de América |
Lingua(s) | Inglesa |
Episodios | 250 |
Produción | |
Produtor(es) executivo(s) | Steven Levitan Christopher Lloyd |
Localización(s) | Os Ánxeles |
Cámara | Filme, cámara única |
Duración | 22 min. por episodio |
Distribuidor | Lloyd-Levitan Productions 20th Century Fox Television |
Emisión orixinal | |
Canle de orixe | ABC |
Formato de imaxe | 480i (SDTV) 1080i (HDTV) |
Primeiro episodio | "Pilot" (23/09/2009) |
Derradeiro episodio | ... |
Na rede | |
https://abc.com/shows/modern-family | |
| |
[ editar datos en Wikidata ] |
Modern Family é unha serie de TV de comedia estadounidense, que xoga tamén co pseudodocumental. Foi creada por Christopher Lloyd e Steven Levitan, e prodúcena os Fox Television Studios. Estreouse na ABC o 23 de setembro de 2009.
No 2010 gañou o Emmy á mellor serie cómica, así como outros dous Emmys ao mellor actor secundario para Eric Stonestreet e mellor guión para Steven Levitan e Christopher Lloyd.
Argumento
[editar | editar a fonte]Segue as familias de Jay Pritchett (Ed O'Neill), súa filla Claire Dunphy (Julie Bowen), e seu fillo Mitchell Pritchett (Jesse Tyler Ferguson), que viven nos Ánxeles. Claire é dona de Phil Dunphy (Ty Burrell), co que ten dúas nenas e un pícaro. Jay, o patriarca, está casado de segundas nupcias cunha muller colombiana moito máis nova que el, que se chama Gloria (Sofía Vergara), que ten con ela, doutro matrimonio, un fillo preadolescente, Manny. Mitchell e o seu home, Cameron Tucker (Eric Stonestreet), teñen en adopción unha bebé vietnamita chamada Lily.