[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Lyssavirus

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Lyssavirus é un xénero de virus da familia Rhabdovoridae e da orde Mononegavirales. O seu nome procede de Lyssa (Lisa), a deusa grega da loucura, rabia e frenesí. Este xénero de virus de ARN inclúe o virus da rabia asociado a dita enfermidade (ver rabia).

Viroloxía

[editar | editar a fonte]

Estrutura

[editar | editar a fonte]

Os virus tipicamente teñen unha simetría helicoidal ou icosaédrica. Os Lyssavirus teñen simetría helicoidal, polo que as súas partículas infectivas son aproximadamente cilíndricas. Esta forma é máis típica dos virus de plantas, mentres que os virus animais ou humanos son xeralmente poliédricos.

A súa estrutura consiste nunha envoltura externa con espículas, unha rexión media formada pola proteína M, e unha rexión da ribonucleocápsida interna complexa, onde está o xenoma asociado con proteínas.

O xenoma dos Lyssavirus consta dunha molécula de ARN monocatenario de sentido negativo que codifica cinco proteínas virais, que son: polimerase L, proteína da matriz M, fosfoproteína P, nucleoproteína N, e glicoproteína G.

Baseándose nas recentes evidencias filoxenéticas, os lisavirus categorízanse en sete grandes xenotipos. Ademais, descubríronse recentemente catro xenotipos: West Caucasian bat virus, Aravan virus, Khujand virus, e Irkut virus[1]. Os principais xenotipos inclúen o virus da rabia (xenotipo 1), Lagos bat virus (2), Mokola virus (3), Duvenhage virus (4), European Bat lyssaviruses 1 e 2 (5 e 6), e Australian bat lyssavirus (7)[2].

Baseándose nas propiedades biolóxicas dos virus, estes xenotipos son subdivididos nos filogrupos 1 e 2. O filogrupo 1 inclúe os xenotipos 1, 4, 5, 6, e 7, mentres que o filogrupo 2 inclúe os xenotipos 2 e 3. A rexión da nucleocápsida dos lisavirus é moi conservada dun xenotipo a outro en ambos os filogrupos; pero os datos experimentais mostraron que as cepas de lisavirus usadas na vacinación contra a rabia son só do primeiro xenotipo do primeiro filogrupo (é dicir, a rabia clásica).[2]

Epidemioloxía

[editar | editar a fonte]

O xenotipo 1, ou virus da rabia clásica, é prevalente na maior parte do mundo e pode ser transportado por calquera mamífero. Os outros xenotipos (tipos 2 a 7) teñen moita menos diversidade de portadores. Soamente os hóspedes seleccionados poden portar cada un destes outros xenotipos. Ademais, estes outros xenotipos aparecen só nunha determinada área xeográfica. Os morcegos son os animais vectores de todos os xenotipos identificados agás o Mokola virus [3].

  1. Kuzmin, I.; Hughes, G.; Botvinkin, A.; Orciari, L.; Rupprecht, C. (2005). "Phylogenetic relationships of Irkut and West Caucasian bat viruses within the genus and suggested quantitative criteria based on the N gene sequence for lyssavirus genotype definition". Virus Research 111 (1): 28–25. doi:10.1016/j.virusres.2005.03.008. PMID 15896400.
  2. 2,0 2,1 Badrane, H.; Bahloul, C.; Perrin, P.; Tordo, N. (2001). "Evidence of Two Lyssavirus Phylogroups with Distinct Pathogenicity and Immunogenicity". Journal of Virology 75 (7): 3268–3276. doi:10.1128/JVI.75.7.3268-3276.2001. PMC 114120. PMID 11238853.
  3. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 09 de outubro de 2010. Consultado o 04 de xullo de 2013. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Baynard, Ashley C. et al. (2011). "Bats and Lyssaviruses." In: Advances in VIRUS RESEARCH VOLUME 79. Research Advances in Rabies. Edited by Alan C. Jackson. Elsevier. ISBN 978-0-12-387040-7.
  • Botvinkin; Poleschuk, E. M.; Kuzmin, I. V.; Borisova, T. I.; Gazaryan, S. V.; Yager, P.; Rupprecht, C. E. (2003). "Novel Lyssaviruses Isolated from Bats in Russia". Emerging Infectious Diseases 9 (12): 1623–1625. PMC 3034350. PMID 14720408.
  • Arai; Kuzmin, I. V.; Kameoka, Y.; Botvinkin, A. D. (2003). "New Lyssavirus Genotype from the Lesser Mouse-eared Bat (Myotis blythi), Kyrghyzstan". Emerging Infectious Diseases 9 (3): 333–337. PMC 2958534. PMID 12643828.
  • World Health Organization (2005). WHO Expert Consulation on Rabies (PDF). WHO technical report series. Geneva, Switzerland: World Health Organization. ISBN 92-4-120931-3. ISSN 0512-3054. 

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]