Presidente de Croacia
O Presidente da República é o xefe de Estado de Croacia. Croacia é unha democracia parlamentaria, onde a principal función do Presidente é ser o líder das forzas armadas e representante e da diplomacia croata xunto co Goberno. A presidencia esta limitada a dous mandatos por persoa.
A sede da Presidencia da República de Croacia atópase no Palacio Presidencial (en croata: Predsjednički dvori) en Zagreb, situado no barrio de Pantovčak.
Elección e toma de posesión
[editar | editar a fonte]O Presidente da República é elixido en eleccións directas por voto secreto, sobre a base do sufraxio universal por un período de cinco anos. Ninguén pode ser elixido Presidente da República máis de dúas veces. O Presidente da República é elixido por unha maioría de voto de tódolos electores que votaron. Se ningún dos candidatos obtivo esa maioría, lévase a cabo unha segunda rolda despois de catorce días, onde teñen o dereito de sufraxio da nova elección os dous candidatos que obteñan o maior número de votos na primeira rolda. Antes de asumir o deber, o Presidente da República fará un xuramento ante os xuíces do Tribunal Constitucional xurando lealdade á Constitución. As cerimonias celébrase tradicionalmente na Praza San Marcos de Zagreb, en fronte da Igrexa de San Marco e preto das sedes do Parlamento, o Goberno e o Tribunal Constitucional. Despois da elección, o Presidente da República renuncia á súa filiación no seu partido político.
Lista de presidentes
[editar | editar a fonte]Presidentes da República de Croacia | ||
---|---|---|
Presidente | Mandato | Notas |
Franjo Tuđman | 30 de maio de 1990 ao 10 de decembro de 1999 | |
Vlatko Pavletić | 26 de novembro de 1999 - 10 de decembro de 1999 | Presidente interino |
Vlatko Pavletić | 10 de decembro de 1999 - 2 de febreiro de 2000 | Presidente interino |
Zlatko Tomčić | 2 de febreiro de 2000 - 18 de febreiro de 2000 | Presidente interino |
Stjepan Mesić | 18 de febreiro 2000 - 2005 | Primeiro mandato |
Stjepan Mesić | Dende 2005 | Presidencia en exercicio |
Ivo Josipović | 18 de febreiro 2010 - 2015 | Primeiro mandato |
Kolinda Grabar-Kitarović | 19 de febreiro de 2015 - 18 de febreiro de 2020 | Primeiro mandato |
Zoran Milanović | Dende o 19 de febreiro de 2020 | Primeiro mandato |