[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Linguas goidélicas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Linguas gaélicas»)

As linguas goidélicas ou gaélicas forman unha familia de linguas célticas, distinta do grupo das linguas britónicas. Cando falamos só de gaélico, adoitamos referirnos ao gaélico irlandés ou lingua irlandesa (Gaeilge), para falarmos do gaélico de Escocia dicimos gaélico escocés (Gàidhlig). Estas linguas comprenden:

Entre as linguas xa extintas estarían o celtibérico e o galaico.

Tamén pode aparecer a palabra gaélico para referirise ao grupo de linguas celtas que teñen como trazo distintivo o feito de non teren pasado a labiovelar herdada do indoeuropeo a /p/: tamén se poden denominar linguas goidélicas ou linguas celtas Q. Serían o irlandés, o gaélico escocés e o manx. As outras linguas conforman o linguas celtas P ou britónicas.

O caso do shelta está suxeito a discusión: malia que polo léxico a lingua se aproxima ao irlandés, trátase no fondo dunha lingua sintacticamente xermánica.

Comparación de linguas célticas

[editar | editar a fonte]

Unha das distincións é o /p/ das linguas britónicas e o /k/ das linguas goidélicas:

linguas goidélicas
linguas britónicas
galego irlandés escocés manx bretón galés córnico
cabeza ceann ceann kione penn penn penn
catro ceathar ceithir kiare peder (f) pedwar peswar
cinco cúig còig queig pemp pump pymp
quen quoi piv pwy piw

Situación actual

[editar | editar a fonte]

O gaélico irlandés fálase principalmente na Gaeltacht na costa oeste de Irlanda: é a primeira lingua nacional deste país onde a súa revalorización é obxecto dun debate político ante o emprego dominante do inglés (unha segunda lingua nacional segundo a Constitución).

Nalgunhas provincias afastadas de Escocia como da illa de Skye, pódense atopar aldeas onde os seus habitantes falan só gaélico escocés. En Escocia creáronse escolas onde as clases se poñen só en lingua gaélica.

No Canadá, só os escoceses das Highlands e os galeses fundaron comunidades onde a súa lingua materna deu sobrevivido ata os nosos días. Atópanse comunidades gaélicas escocesas na illa de Cap-Breton e en tres condados do leste de Nova Escocia (Guysborough, Pictou e Antigonish), na Illa do Príncipe Eduardo, no val de Codroy no suroeste de Terra Nova, no condado de Compton no Quebec, no sur do Ontario (os condados de Stormont, de Dundas e de Glengarry ao sueste de Otava, e no condado de Middlesex ao oeste de Londres), así como nunha e outra parte da fronteira entre o Manitoba e o Saskatchewan.

Trazos distintivos das linguas britónicas fronte ás linguas goidélicas

[editar | editar a fonte]

Un trazo lingüístico permite distinguir as linguas britónicas das linguas goidélicas: hai unha alternancia entre o fonema «k» (celta Q) particular ao goidélico e os fonemas «p» ou «b» que lles corresponden en britónico (celta P). Nótase ademais que, nas linguas itálicas, curmás das linguas célticas, o latín é unha lingua con «k» e o osco unha lingua con fonema «p» (comparar quinque e Pompeï).

Algunhas expresións e palabras gaélicas

[editar | editar a fonte]
  • Ciamar a tha thu ? (Como che vai?) (escocés); Kys t'ou ? (Como che vai?) (manx).
  • Sasannach (palabra pexorativa que designa un inglés) (escocés).
  • a leannáin (queridiña) (irlandés).
  • ruadh (vermello) (escocés).
  • Iain (Xoán) (escocés); Seán (Xoán) (irlandés).
  • Tá baisteach ann (chove) (irlandés).
  • mac (fillo de onde por exemplo Mac Liam = fillo de Liam).
galego irlandés escocés manx
Gaélico Gaelach Gaidheal Gaelgagh
día latha laa
noite oíche oidhche oie
dentro isteach a-steach stiagh/ayns
escola scoil sgoil scoill
igrexa eaglais eaglais agglish/keeill
neno páiste pàiste paitchey
sen gan gun gyn
autoridade údarás ùghdarras ard-ynseyder
oficina oifig oifis/ oifig offish
aberto oscailte fosgailte foshlit
ano bliain bliadhna blein
radio raidió radio/ rèidio radio
goberno rialtas riaghaltas reiltys
parlamento parlaimint pàrlamaid parlamaid/ard-whaiyl
illa oileán eilean ellan

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]

Gaélico Escocés

[editar | editar a fonte]

Irlandés

[editar | editar a fonte]
  • Curso de irlandés en francés – Esta páxina moi simple, ensínanos moito sobre o irlandés. O seu autor, Yves SAGNIER, utiliza cursos de: a University College de Dublín (GAELIC-L 1992-1993), de Gaeilge-B e de " The Irish Eyes ".
  • Portal de LEXILOGOS Arquivado 09 de marzo de 2021 en Wayback Machine. – Este portal de LEXILOGOS propón recursos útiles para a aprendizaxe da lingua irlandesa.
  • RTÉ Raidió Na Gaeltachta – Difundida en Irlanda, esta emisora de radio difunde as súas emisións completamente en irlandés.
  • Irish Saying – Páxina que ofrece a posibilidade de escoitar e descargar palabras, frases e expresións en irlandés.
  • Gaelg-Lessoonyn - Varios cursos de manx, dun nivel moi simple a un nivel bastante avanzado.
  • Radio Vannin – A emisora oficial da Illa de Man, cunha sección de emisións en manx, listas para descargar en formato MP3.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]