[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Linguas valyrias

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Linguas valyrias
Creado por: David J. Peterson, George R. R. Martin2012
Emprego e uso: A Song of Ice and Fire (1996– )
Game of Thrones (2011– )
Total de falantes:
Categoria (propósito): Lingua artificial
 Linguas ficticias
  Linguas valyrias
Códigos de lingua
ISO 639-1: --
ISO 639-2:
Mapa
Status

As linguas valyrias son unha familia de linguas ficticias da serie de novelas de fantasía A Song of Ice and Fire de George R. R. Martin, e da adaptación á serie de televisión Game of Thrones.

Nas novelas, o alto valyrio e as linguas descendentes dela son mencionadas a miúdo, pero non están desenvolvidas alén dunhas poucas palabras. Para a serie de televisión, o lingüista David J. Peterson creou o alto valyrio, así como os seus derivados, o astapori e o valyrio de Meereen, e que están baseados en fragmentos recollidos nas novelas.[1] O valyrio, xunto co dothraki, foron descritos como "as linguas ficticias máis convincentes dende o élfico".[2]

Alto valyrio

[editar | editar a fonte]
Nyke Daenerys Jelmāzmo hen Targārio Lentrot, hen Valyrio Uēpo ānogār iksan. Valyrio muño ēngos ñuhys issa.
"Son Daenerys Stormborn da Casa Targaryen, do sangue da Antiga Valyria. O valyrio é a miña lingua nai."

No mundo de A Song of Ice and Fire, o alto valyrio ocupa un espazo cultural semellante ó do latín na Europa medieval.[4] As novelas describen que xa non é unha lingua de uso cotián, senón que é unha lingua de aprendizaxe e educación entre a nobreza de Essos e Westeros, con moita literatura e cancións compostas en valyrio.

  1. Peterson, David J. (31 de marzo de 2013). "Valar Dohaeris". Dothraki.com. Consultado o 27 de abril de 2013. 
  2. The Economist (ed.). "The complex linguistic universe of "Game of Thrones"". Consultado o 4 de agosto de 2017. 
  3. Peterson, David J. (22 de abril de 2013). "Sesīr Urnēbion Zȳhon Keliton Issa". Dothraki.com. Arquivado dende o orixinal o 25 de abril de 2013. Consultado o 24 de abril de 2013. 
  4. Tharoor, Ishaan (3 de maio de 2013). "Tongues of Ice and Fire: Creating the Languages in Game of Thrones". Time. Consultado o 3 de maio de 2013.