[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Lingua minangkabau

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Minangkabau
Baso Minangkabau
باسو مينڠكاباو
Falado en: Indonesia, Malaisia
Rexións: Sumatra Occidental, Riau, Jambi, Bengkulu, Sumatra Setentrional, Aceh (Indonesia), Negeri Sembilan (Malaisia)
Total de falantes: 6 millóns (2007)
Familia: Austronesia
 Malaio-polinesia
  Malaio-polinesia nuclear
   Malaisienses
    Minangkabau
Status oficial
Lingua oficial de: Ningún país
Regulado por: Non está regulado
Códigos de lingua
ISO 639-1: --
ISO 639-2: min
Mapa
Status

O minangkabau está clasificado como "en estado seguro" polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO[1]

A lingua minangkabau (autónimo: Baso Minang(kabau); indonesio: Bahasa Minangkabau) é unha lingua austronesia falada polo pobo Minangkabau de Sumatra Occidental, a parte occidental de Riau, Jambi e Bengkulu. Tamén é falada en varias cidades de Indonesia por migrantes minangkabau.[2] Tamén é unha lingua franca ó longo da rexión costeira occidental da provincia de Sumatra Setentrional, e mesmo é empregada en partes de Aceh, onde é chamada Aneuk Jamee. Por outra banda, é falada nalgunhas partes de Malaisia, especialmente en Negeri Sembilan.

Debido ás grandes semellanzas entre a lingua minangkabau e o malaio, existe controversia sobre da relación entre ambas. Algúns consideran o minangkabau como un dialecto do malaio, mentres que outros consíderana como unha lingua de seu.

Lingua minangkabau en escritura árabe nun selo real minangkabau do século XIX.

Ademais de Indonesia, o minangkabau é falado tamén en Malaisia por algúns descendentes de inmigrantes das rexións que falan esta lingua en Sumatra (Ranah Minang, Tanah Minang, o a Terra do Minang). Un significativo número dos primeiros inmigrantes establecéronse no que hoxe é o estado malaio de Negeri Sembilan; este dialecto de Negeri Sembilan é coñecido como Bahaso Nogori ou Baso Nogoghi. Os inmigrantes máis recentes son coñecidos como minang.

Dialectos

[editar | editar a fonte]

A lingua minangkabau ten varios dialectos, que algunhas veces difiren entre localidades achegadas (por exemplo, separadas por un río). Os dialectos son: Rao Mapat Tunggul, Muaro Sungai Lolo, Payakumbuh, Pangkalan-Lubuk Alai, Agam-Tanah Datar, Pancungsoal, Kotobaru, Sungai Bendung Air e Karanganyar.[3] Na comunicación diaria entre os minangkabau de diferentes rexioóns, o dialecto Agam-Tanah Datar (Baso Padang ou Baso Urang Awak, «a lingua do noso pobo») é empregada acotío e converteuse nunha sorte de lingua estándar.

A lingua tapan, falada na vila de Tapan, no sur da provincia de Sumatra Occidental, é unha lingua malaia recentemente descuberta que foi proposta como relacionada co minangkabau. Xuntas, o tapan e o minangkabau poderían formar o gran subgrupo minangkabau.[4]

  1. Moseley, Christopher e Nicolas, Alexandre. "Atlas of the world's languages in danger". unesdoc.unesco.org. Consultado o 11 de xullo de 2022. 
  2. Kajian Serba Lingustik : Untuk Anton Moeliono Pereksa Bahasa (2000)
  3. Nadra, Reniwati, and Efri Yades, Daerah Asal dan Arah Migrasi Orang Minangkabau di Provinsi Jambi Berdasarkan Kajian Variasi Dialektikal (2008)
  4. "Santi Kurniati, Yessy Prima Putri, Søren Wichmann and David Gil (2011)." Tapan: An Exploration in Malayic Subgrouping". ISMIL 15 conference presentation." (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 07 de agosto de 2011. Consultado o 20 de outubro de 2014. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]