[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Lina Sandell

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaLina Sandell

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(sv) Karolina Wilhelmina Sandell Editar o valor en Wikidata
3 de outubro de 1832 Editar o valor en Wikidata
Fröderyd, Suecia (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte27 de xullo de 1903 Editar o valor en Wikidata (70 anos)
Klara Church Parish, Suecia (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Causa da morteComplications of diabetes (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaSolna cemetery (en) Traducir, SO 13 659 Editar o valor en Wikidata
RelixiónLuteranismo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritora, teólogo, tradutora, poetisa, escritora de himnos, editora colaboradora Editar o valor en Wikidata
Pseudónimo literarioL.S. Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
CónxuxeC. O. Berg (1867–1903) Editar o valor en Wikidata
PaisJonas Sandell Editar o valor en Wikidata  e Fredrica Engstrand Editar o valor en Wikidata
IrmánsAmalia Mathilda Sandell Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteSvenskt kvinnobiografiskt lexikon (en) Traducir
Dicionário Biográfico Sueco (pt) Traducir, lang: lingua sueca
Q21600483 Traducir Editar o valor en Wikidata
Spotify: 1swNzEiS5MUeBjvCzpiEVf Musicbrainz: 5becec9e-2ffb-4895-89bc-ff13e3b9e069 Discogs: 837975 Allmusic: mn0001482408 Find a Grave: 6690008 Editar o valor en Wikidata

Lina Sandell, nada co nome de Karolina Wilhelmina Berg en Fröderyd o 3 de outubro de 1832 e finada en Estocolmo o 27 de xullo de 1903, foi unha escritora sueca, coñecida como autora de himnos relixiosos.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

O seu pai era pastor luterano nunha pequena comunidade rural e ela naceu na reitoría da igrexa. En 1858, cando ela tiña vinte e seis anos acompoñou a seu pai nunha viaxe en barco polo lago Vättern ata Gotemburgo pero o seu pai caeu ó mar e afundiu diante dela. Esta traxedia marcou a súa vida e inspirouna para escribir himnos.

Oskar Ahnfelt compuxo a música de todos os seus himnos e deunos a coñecer por toda Escandinavia. Lina casou en 1867 co comerciante e deputado Oscar Berg e pasou a apelidarse legalmente Sandell-Berg, aínda que escribiu os seus himnos coa sinatura L.S. Escribiu tamén textos para uso das escolas dominicais, Berättelser för söndagsskolan (1870-1874), Samlade sånger (1882–1885), e publicou durante moitos anos o almanaque Korsblomman (1865-1902) que incluía poemas, historias e biografías. Desde 1889 foi colaboradora de Barnens vän, o voceiro da Misión Evanxélica Sueca. Escribiu máis de 1700 himnos relixiosos e poemas entre eles, Tryggare kan ingen vara, Blott en dag e Jag kan icke räkna dem alla.

Na última versión (1986) do libro oficial de salmos da Igrexa de Suecia, Den svenska psalmboken, hai 15 dos seus salmos.