Lee Joon-gi
Nome orixinal | (ko) 이준기 |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 17 de abril de 1982 (42 anos) Busan, Corea do Sur |
Grupo étnico | Coreanos (pt) |
Relixión | Igrexa católica |
Educación | Instituto das Artes de Seúl - Actuación |
Actividade | |
Ocupación | actor, modelo, cantante, actor de cinema, actor de televisión |
Período de actividade | 2001 - |
Xénero artístico | Balada, pop dance e K-pop |
Instrumento | Voz |
Páxina web | leejoongi.co.kr |
|
Lee Joon-gi, nado o 17 de abril de 1982 en Busan, é un actor, modelo e cantante surcoreano.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Estudou no Instituto das Artes de Seúl[1] e debutou como modelo en 2001. O seu primeiro papel importante foi no filme de 2005 Wang-ui Namja,, no que interpretou a Gong-gil, un pallaso amullerado da dinastía Joseon.[2] O filme foi un éxito de crítica e público e deulle pulo á súa carreira, facéndoo coñecido en Asia.[3] Por este traballo gañou varios premios ao mellor artista novel. A película tamén o converteu nunha icona kkonminam (mozo á moda e efeminado) .[4] En 2006 protagonizou Fly, Daddy, Fly baixo a dirección de Choi Jong-tae.[5][6]
Lee foi un dos protagonistas da serie da SBS My Girl xunto con Lee Da-hae e Lee Dong-wook, esta comedia romántica foi un éxito tanto en Corea do Sur como noutros países asiáticos. En 2007, Lee actuou no filme coproducido entre o Xapón e Corea do Sur Virgin Snow coa actriz xaponesa Aoi Miyazaki, interpretando un estudante de intercambio coreano. O filme foi un éxito no Xapón, chegando ao noveno posto da lista dos máis vistos. Polo seu traballo Lee recibiu a Rising Star Award no 27.º Hawai International Film Festival. Nese ano, participou no filme May 18 baseado nos acontecementos que rodearon o masacre de Gwangju en 1980. Foi un éxito de público e logrou a Gold Orchid ao mellor filme.[7]
Lee tamén protagonizou en 2007 a súa primeira serie dramática,Time Between Dog and Wolf da MBC.
Entre abril e xullo de 2008, Lee protagonizou outra serie, Iljimae, un drama de acción da SBS baseado no folclore chinés da época da dinastía Ming, na que deu vida a unha especie de Robin Hood enmascarado na era Joseon. O episodio final conseguiu un índice de audiencia do 31.4%.
En novembro de 2009, Lee interpretou o protagonista do drama de acción en clave de comedia, Heroe da MBC.[8] Entre 2010 e 2010 realizou o servizo militar obrigatorio e logo de cinco semanas de adestramento básico[9][10] serviu no departamento de relacións públicas do Ministerio de Defensa Nacional.[11][12]
En maio de 2012, Lee coprotagonizou con Shin Min-a Arang and the Magistrate, da MBC que tivo a súa estrea o 15 de agosto.[13][14][15]
En 2013, Lee protagonizou a serie de supense Two Weeks e o ano seguinte a serie histórica Gunmam in Joseon mais o romance de vampiros Scholar Who Walks the Night.[16][17]
En 2016 actuou no seu primeiro filme chinés, Never Said Goodbye.[18] e tamén debutou en Hollywood cun papel en Resident Evil: The Final Chapter, con estrea prevista para o 27 de xaneiro de 2017.[19][20][21]
ProtagonizouScarlet Heart: Ryeo, unha versión coreana da serie chinesa Scarlet Heart. A estrea desta serie dramática foi o 29 de agosto de 2016.[22]
Filmografía
[editar | editar a fonte]Filmes
[editar | editar a fonte]Ano | Título | Papel | Notas |
---|---|---|---|
2004 | The Hotel Venus | Rapaz | Produción xaponesa |
Flying Boys | Dong-wan | ||
2005 | The King and the Clown | Gong-gil | |
2006 | Fly, Daddy, Fly | Go Seung-suk | |
2007 | May 18 | Kang Jin-woo | |
Virgin Snow | Kim Min | Coprodución entre o Xapón e Corea do Sur | |
2016 | Never Said Goodbye (谎言西西里) | Jun Hao | Filme chinés |
Resident Evil: The Final Chapter | Comandante Lee | Produción de Hollywood |
Series de televisión
[editar | editar a fonte]Ano | Título | Papel | Canle | Notas |
---|---|---|---|---|
2003 | Nonstop 4 | El | MBC | Convidado |
2004 | Drama City: What Should I Do? | Seong-ho | KBS2 | Ep. 234 |
Star's Echo | Chan-gyu | MBC | Secundario | |
2005 | My Girl | Seo Jung-woo | SBS | Secundario |
2006 | The 101st Proposal | El | SBS | Cameo |
2007 | Time Between Dog and Wolf | Lee Soo-hyun / Kay | MBC | Protagonista |
2008 | Iljimae | Yong / Lee Geom | SBS | Protagonista |
2009 | Hero | Jin Do-hyuk | MBC | Protagonista |
2012 | Arang and the Magistrate | Kim Eun-oh | MBC | Protagonista |
2013 | Two Weeks | Jang Tae-san | MBC | Protagonista |
2014 | Gunman in Joseon | Park Yoon-kang | KBS2 | Protagonista |
2015 | Scholar Who Walks the Night | Kim Sung-yeol | MBC | Protagonista |
2015 | She Was Pretty | El | MBC | Ep. 9 - cameo |
2016 | Moon Lovers: Scarlet Heart Ryeo | Wang So (Gwangjong) | SBS | Protagonista |
Discografía
[editar | editar a fonte]Álbum
[editar | editar a fonte]Ano | Nome | Track listing |
---|---|---|
2006 | My Jun, My Style |
|
Nam Hyun-joon - One & Only |
| |
2009 | J Style |
|
2012 | Deucer[23]
Publicado:
|
|
2013 | CBC / Case by Case
Publicado: 29 de xaneiro |
|
My Dear
Publicado: 10 de decembro |
| |
2014 | Exhale
Publicado: 21 de novembro |
|
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 이준기, "이효리 주선으로 보아와 소개팅", chosum.com, 30 de abril de 2009
- ↑ "E-Annals Bring Chosun History to Everyman" Chosun Ilbo, 27 de xaneiro de 2006
- ↑ King and The Clown Special Arquivado 04 de marzo de 2016 en Wayback Machine. 왕의 남자 (The King and The Clown) [Part 1 of 3] Sreenanarchy,1 de setembro de 2006]
- ↑ Jung, Sun (April 2009). "The Shared Imagination of Bishōnen, Pan-East Asian Soft Masculinity". Intersections: Gender and Sexuality in Asia and the Pacific. Australian National University
- ↑ "King and Clown Star Works Hard for Little Pay"Chosun Ilbo, 27 de xullo de 2006.
- ↑ "S. Korea faces tough decision to pick its choice for foreign film Oscar" Yonhap News, 19 de setembro de 2006
- ↑ Lee, Hyo-won "Hawaii Film Fest to Spotlight Lee Jun-ki" Korea Times, 4 de setembro de 2007.
- ↑ Han, Sang-hee "Lee Joon-gi to Take a Lighter Role as Reporter" Korea Times, 27 de outubro de 2009
- ↑ "Lee Jun-ki to Start Military Service".
- ↑ Park, So-yoen (3 de maio de 2010). "Lee Jun-ki enters Korean military with apologies". 10Asia.
- ↑ Jeong, Hae-uk (15 December 2010).
- ↑ Park, Kun-ouc (11 June 2010).
- ↑ 신민아, 2년 만에 `아랑사또전`으로 드라마 복귀 [Shin Min-ah to return with Arang and the Magistrate].
- ↑ Lee, In-kyung (22 April 2012).
- ↑ Suk, Monica (20 June 2012).
- ↑ "Lee Jun-gi to return to small screen".
- ↑ Yoon, Sarah (26 May 2015).
- ↑ "Lee Joon-gi Aims to Thrill Chinese Viewers with Never Said Goodbye" Arquivado 13 de setembro de 2016 en Wayback Machine..
- ↑ "이준기 측, "'레지던트 이블6' 출연 맞다…남아공 체류 중" Arquivado 18 de agosto de 2016 en Wayback Machine. (in Korean).
- ↑ "Lee Joon-gi to appear in 'Resident Evil: The Final Chapter'".
- ↑ "Lee Joon-gi in next 'Resident Evil'".
- ↑ Park, Jin-hai (August 28, 2016).
- ↑ Ho, Stewart (18 de abril de 2012).