Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O Laracha Club de Fútbol é un equipo galego de fútbol que se fundou en 1965 no concello da Laracha. Na actualidade xoga na Preferente Autonómica.
No verán de 2018, xogando na Terceira División, o club asinou un convenio co Deportivo da Coruña para converterse no segundo filial deste.[1] Isto propiciou que varios xogadores da canteira branquiazul xogasen no Laracha, como Iago Novo, Iago Parga ou Manu Mosquera entre outros.[2] Con todo, o descenso do Deportivo Fabril a Terceira a finais desa tempada 2018/19 provocou tamén o descenso automático do Laracha a Preferente a falta de varias xornadas, aínda que finalmente acabou a tempada tamén en postos de descenso.[3] O convenio non se renovou.
O Laracha Club de Fútbol xogou en total oito temporadas en Terceira. O seu mellor resultado foi o da tempada 2005-06, cando despois de quedar en terceira posición, disputou a fase de ascenso a Segunda B, se ben quedou eliminado na primeira rolda.
|
---|
Federación | |
---|
Selección | |
---|
Equipos | |
---|
Outras competicións | |
---|
Equipos desaparecidos | |
---|
Torneos desaparecidos | |
---|
Estadios (listaxe) | |
---|