Lois Diéguez
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 17 de abril de 1944 (80 anos) Monforte de Lemos, España |
Formación profesional | Enxeñaría topográfica |
Actividade | |
Ocupación | escritor, político |
Xénero artístico | Poesía, narrativa e ensaio |
Obra | |
Obras destacables
| |
Premios | |
| |
Lois Diéguez Vázquez, nado en Monforte de Lemos o 17 de abril de 1944, é un escritor e político galego.[1][2]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Foi alumno de Manuel María na súa vila natal[3]. Estudou enxeñaría topográfica en Madrid, e exerceu esa profesión no Concello de Lugo. Militante da UPG, foi un dos fundadores e voceiro da AN-PG e deputado polo BNPG no Parlamento de Galicia (1981-1985).[4] Foi un dos deputados nacionalistas expulsados do Parlamento de Galicia en 1982.[5] Membro da Asociación de Escritores en Lingua Galega, traballa en seccións periódicas en distintos xornais, das propias agrupacións culturais e da súa produción literaria.[6][7]
O seu poema Eu son a voz do pobo, converteuse nunha das cancións emblemáticas do grupo Voces Ceibes.[8] Pertence ao Colectivo Círculos Líticos, integrado, entre outros, por Antón Fortes Torres e Isidro Novo.[9]
Obra
[editar | editar a fonte]Poesía
[editar | editar a fonte]- Albre de espranza (1966). Lugo: Xistral.
- Canciós pra un agromar branco e azul (1968). Lugo: Xistral.
- O ferro dos días (1982). Lugo: Xistral. 100 páxs. ISBN 978-84-85271-28-3.
- Ónfalos (2001). Culleredo: Espiral Maior. 96 páxs. ISBN 9788495625298.
Narrativa
[editar | editar a fonte]- A torre de Babel (1968). Vigo: Galaxia. Novela.
- O tempo sen saída (1972). Vigo: Editorial Castrelos. Novela.
- Galou Z-28 (1976). Lugo: Xistral. 166 páxs. ISBN 978-84-85271-01-6. Novela.
- A canción do vagamundo (1987). Santiago: Sotelo Blanco. 392 páxs. ISBN 978-8486021436. Novela.
- Monólogos no espello (1992). Santiago: Laiovento. 96 páxs. ISBN 9788487847202. Relatos.
- Tres sombras góticas e unha rosa (1995). Culleredo: Espiral Maior. 140 páxs. ISBN 9788488137593.
- Henriqueta na galeria (1997). Vigo: Edicións do Cumio. 136 páxs. ISBN 9788482890647.
- Viaxes ás terras encantadas de Lemos (1999). Vigo: A Nosa Terra. 400 páxs. ISBN 9788489976948. Narrativa de viaxes.
- A casa de Galiaz (2003). A Coruña: Biblos Clube de Lectores. 125 páxs. ISBN 9788460777434.
- O canto do Muecín (2007). Vigo: A Nosa Terra. 584 páxs. ISBN 9788483411445.
- A poutada do Oso (2011). Santiago: Laiovento. 304 páxs. ISBN 978-84-8487-204-7.[10] Novela.
- As voces amadas (2023). Vigo: Galaxia. 462 páxs. ISBN 978-84-9151-972-0.[11] Novela.
Literatura infanto-xuvenil
[editar | editar a fonte]- Artusa (1989). Vigo: Edicións do Cumio, narrativa.
Ensaio
[editar | editar a fonte]- Lugo, a cidade dos tesouros encantados (2014). Engaiolarte.
- Peregrinaxes, viaxando con Manuel María (2016). Libro-DVD.
Obras colectivas
[editar | editar a fonte]- Os novísimos da poesía galega, 1973, Akal.
- Os escritores lucenses arredor de Ánxel Fole, 1986, Concello de Lugo.
- 12 anos na búsqueda da nosa identidade, 1990.
- Desde mil novecentos trinta e seis: homenaxe da poesía e da plástica galega aos que loitaron pola liberdade, 1995, Ediciós do Castro.
- Novo do trinque, 1997, Bloque Nacionalista Galego. Relatos.[a]
- Manuel María, 2001, Ophiusa.
- Palabras con fondo: un compromiso dos escritores de Galicia coa cooperación e a solidariedade internacional, 2001, Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade.
- Poemas e contos da muralla, 2001, A Nosa Terra.
- Longa lingua, 2002, Xerais.
- Alma de beiramar, 2003, Asociación de Escritores en Lingua Galega.
- Intifada. Ofrenda dos poetas galegos a Palestina, 2003, Fundación Araguaney, poesía.
- Narradio. 56 historias no ar, 2003, Xerais, narrativa.
- Negra sombra. Intervención poética contra a marea negra, 2003, Espiral Maior.
- Uxío Novoneyra. A emoción da Terra, 2004, Asociación de Escritores en Lingua Galega.
- A Coruña á luz das letras, 2008, Trifolium.
- Actas do Congreso Manuel María. Literatura e Nación, 2009, Fundación Manuel María.
- Moncho Reboiras. O nacionalismo galego nos anos 70, 2009, Fundación Bautista Álvarez.
- En defensa do poleiro, 2010, Toxosoutos.
- Xosé Chao Rego: renacer galego. (Actas do Simposio-Homenaxe), 2010, Fundación Bautista Álvarez de Estudos Nacionalistas.
- Premios Terras de Chamoso (2007-2009), 2011, Asociación Cultural Arumes do Corgo.
- Banqueiros, 2012, Laiovento.
- Cartafol de soños, homenaxe a Celso Emilio Ferreiro no seu centenario (1912-2012), 2012.
- A cidade na poesía galega do século XXI, 2012, Toxosoutos.
- 150 Cantares para Rosalía de Castro (2015, libro electrónico).
- Os aforismos do riso futurista, 2016, Xerais.
Premios
[editar | editar a fonte]- Premio de novela da Casa de Galicia de Bilbao en 1975 por Galou Z-28.
- Premio Blanco Amor en 1986 por A canción do vagamundo.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Autores: Alfonso Álvarez Cáccamo, Xosé María Álvarez Cáccamo, Xosé Carlos Caneiro, Ramón Caride, Lois Diéguez, Xabier P. DoCampo, Manuel Forcadela, Bieito Iglesias, María do Carme Kruckenberg, Manuel María, Paco Martín, Xosé Manuel Martínez Oca, Xosé Miranda, Xosé Neira Vilas, Henrique Rabuñal, Manoel Riveiro Loureiro, Xoán Ignacio Taibo, Suso de Toro, Xulio López Valcárcel, Vítor Vaqueiro e Luísa Villalta.
- Referencias
- ↑ "Lois Diéguez". Editorial Galaxia. Consultado o 2023-02-19.
- ↑ "Lois Diéguez". bvg.udc.es.
- ↑ Queixas Zas, M. (2016). Labrego con algo de poeta. Galaxia.
- ↑ "Lois Diéguez". www.galiciadigital.com. Consultado o 2023-02-19.
- ↑ "O BNG lanza un vídeo lembrando a expulsión en 1982 dos tres deputados nacionalistas do Parlamento Galego". Bloque Nacionalista Galego. 2017-11-23. Consultado o 2023-02-19.
- ↑ "Lois Diéguez Vázquez Galegos Gallegos". galegos.galiciadigital.com. Consultado o 2023-02-19.
- ↑ "Lois Diéguez en Nós Diario". Nós Diario. Consultado o 2023-02-19.
- ↑ Turoqua, Manolo De (2018-12-15). "Sons de Turoqua: Eu son a voz do pobo". Sons de Turoqua. Consultado o 2023-02-19.
- ↑ "“Isidro Novo e os ‘Círculos Líticos’”, por Lois Diéguez Axenda cultural AELG". asociacionescritoras-es. Consultado o 2023-02-19.
- ↑ "Edicións Laiovento - A POUTADA DO OSO". laiovento.gal. Consultado o 2023-02-19.
- ↑ "As voces amadas". Editorial Galaxia. Consultado o 2023-02-19.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Lois Diéguez |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Entrevista de Literatura Galega do S.XX do alumnado do IES Manuel García Barros Arquivado 23 de decembro de 2014 en Wayback Machine.