[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Láncara

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaLáncara
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 42°51′49″N 7°20′14″O / 42.8637, -7.3373
EstadoEspaña
Comunidade autónomaGalicia
ProvinciaProvincia de Lugo Editar o valor en Wikidata
CapitalA Pobra de San Xiao Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación2.492 (2023) Editar o valor en Wikidata (20,48 hab./km²)
Xeografía
Superficie121,66 km² Editar o valor en Wikidata
Altitude378 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Organización política
• Alcalde Editar o valor en WikidataEladio Capón López Editar o valor en Wikidata
Eleccións municipais en Láncara Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal27026 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Código INE27026 Editar o valor en Wikidata

Páxina webconcellodelancara.com Editar o valor en Wikidata

Láncara é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca de Sarria. Segundo o IGE no 2014 tiña 2.789 habitantes (3.047 no 2006, 3.091 no 2005, 3.136 no 2004, 3.146 no 2003). O xentilicio é «lancarao».[1]

Demografía

[editar | editar a fonte]
Censo total 2.789 (2014)
Menores de 15 anos 196 (7.03 %)
Entre 15 e 64 anos 1.627 (58.34 %)
Maiores de 65 anos 966 (34.64 %)
Evolución da poboación de Láncara   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023
5.169 6.113 5.513 4.270 3.136 2.992 2.908 2.866 2.839 2.789 2.764 2.702 2.696 2.637 2.605 2.584 2.551
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Familia Castro

[editar | editar a fonte]
Placa que lembra a casa onde naceu o pai de Fidel Castro.

De Láncara era Ángel Castro Argiz, pai de Fidel Castro, que a finais do século XIX emigrou ás Américas. O propio Fidel Castro visitou a aldea de seu pai o 27 de xullo de 1992, convidado polo presidente Manuel Fraga. Na visita coñeceu a casa familiar (onde hoxe hai unha placa), a dúas das súas curmás, foi nomeado fillo adoptivo e asistiu a unha romaxe típica. Castro dixo que para el era unha «grande honra ser descendente de galegos, e que a casa de seu pai non fose un pazo, senón unha casoupa moi humilde». Fidel tamén mencionou «os xenes de rebeldía que hai no espírito galego», e lembrou que moitos dos que lle seguiron na loita armada contra Fulgencio Batista eran orixinarios desta terra[2].

Política

[editar | editar a fonte]

En outubro do ano 2009 o PPdG presentou unha moción de censura cun tránsfuga do PSOE para derrocar da alcadía gobernante socialista Darío Antonio Piñeiro López. Contou co apoio dos dous concelleiros elixidos por Terra Galega (TeGa), formación que pola súa parte os expulsou por dobre militancia no PP.

A Pobra de San Xiao tivo un equipo de fútbol sala, o ED Láncara, máis coñecido polo nome dos seus patrocinadores Muebles Caloto e Barcel Euro. Entre 2004 e 2006 xogou na División de Honra, a máxima categoría do fútbol sala español.

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Galería de imaxes de Láncara.

Lugares de Láncara

[editar | editar a fonte]

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Láncara vexa: Lugares de Láncara.

Parroquias

[editar | editar a fonte]
Galicia | Provincia de Lugo | Parroquias de Láncara

Armea (San Pedro) | Bande (San Pedro) | Carracedo (San Vicente) | Cedrón (Santiago) | Galegos (Santa Mariña) | Lagos (Santalla) | Lama (Santa María) | Láncara (San Pedro) | Larín (San Salvador) | Monseiro (San Miguel) | Muro (San Xoán) | Neira de Cabaleiros (Santa María Madanela) | Oleiros (San Martiño) | A Pobra de San Xiao (San Xiao) | Río (San Martiño) | Ronfe (San Pedro) | Souto de Ferradal (Santiago) | Toirán (San Salvador) | Toldaos (San Vicente) | Toubille (Santa María) | Trasliste (San Xoán) | Vilaesteva de Herdeiros (Santa María) | Vilaleo (Santa María) | Vilambrán (Santa María) | Vilarello (San Pedro) | Vilouzán (Santo Estevo)

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.