[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Orbcomm

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Orbcomm FM01»)

Orbcomm é unha constelación comercial de satélites de comunicacións pertencente a Orbital Communications Corp.[1]

Características

[editar | editar a fonte]

A constelación Orbcomm está pensada para ofrecer servizos de mensaxería global e de transmisión e recepción de datos. As mesaxes envíanse aos satélites, que as retransmiten a estacións de terra.[1]

O sistema componse de 36 satélites de primeira xeración lanzados entre 1995 e 1999 e satélites lanzados posteriormente para aumentar a capacidade e renovar a frota de satélites.[1]

Orbcomm-X e CDS 1 e 2

[editar | editar a fonte]

Orbcomm-X e Orbcomm CDS 1 e 2 foron tres satélites experimentais lanzados para probar compoñentes da primeira xeración de satélites Orbcomm. Orbcomm X fallou despois de ser posto en órbita, mentres que Orbcomm CDS 1 e 2 usáronse para estudar o uso da frecuencia VHF a nivel global, medindo densidade, niveis de potencia e interferencia arredor de toda a Terra. Foron lanzados entre 1991 e 1993.[2]

Orbcomm FM1 a FM43

[editar | editar a fonte]

Lanzáronse 36 Orbcomm de primeira xeración de 43 planeados. O resto foron cancelados, e un dos lanzados o foi baixo o nome TACSAT 1. Os Orbcomm de primeira xeración usaban o bus Microstar, tiñan masas de entre 40 e 45 kg e foron lanzados mediante foguetes Pegasus entre 1995 e 1999 excepto un lanzamento mediante un foguete Taurus.[3]

Orbcomm CDS 3

[editar | editar a fonte]

Orbcomm CDS 3 (Concept Demonstration Satellite) foi un único satélite de probas lanzado para dar servizo do sistema Orbcomm e probar un novo bus (Sterkh) para a seguinte xeración de satélites Orbcomm. O satélite levaba ademais un receptor AIS para o servizo de gardacostas dos Estados Unidos. Foi lanzado o 19 de xuño de 2008 mediante un foguete Kosmos 3M. Durante a súa misión sufriu unha serie de problemas que se reproduciron nos seis seguintes satélites do mesmo modelo, polo que foron cancelados.[4]

Orbcomm FM37 a FM41

[editar | editar a fonte]

A seguinte xeración de satélites Orbcomm estaba baseada no bus Sterkh, co satélite Orbcomm CDS 3 usado como modelo de probas. Os problemas surxidos neste último satélite reproducíronse nos seis satélite que chegaron a lanzarse en produción: avarías dos volantes de inercia e o ordenador de a bordo que limitaron a capacidade destes satélites para dar servizo. Todos foron lanzados o 19 de xuño de 2008 a bordo dun mesmo foguete Kosmos 3M.[5]

Orbcomm OG2

[editar | editar a fonte]

Os dous satélites Orbcomm OG2 foron simuladores de masa lanzados como prototipos para a terceira xeración de satélies Orbcomm. Cada un cunha masa de 142 kg, serviron para afinar os novos satélites. Os dous foron lanzados a bordo de foguetes Falcon 9 en 2014 e 2015.[6]

Orbcomm FM101 a FM119

[editar | editar a fonte]

A terceira xeración de satélites Orbcomm usa o bus SN-100 de Sierra Nevada Corp.. Teñen unha masa duns 172 kg e lanzáronse 19 entre 2012 e 2015, co primeiro considerado un fallo parcial ao reentrar dous días despois de ser posto en órbita ao non acadar suficiente altura debido a problemas co foguete lanzador. Todos foron lanzados a bordo de foguetes Falcon 9.[7]

Historial de lanzamentos

[editar | editar a fonte]
Misión[1][2][3][4][5][6][7] Data de lanzamento[1][2][3][4][5][6][7] Foguete lanzador[1][2][3][4][5][6][7] Notas[1][2][3][4][5][6][7]
Orbcomm X 17 de xullo de 1991 Ariane 4 Éxito
Orbcomm CDS 1 9 de febreiro de 1993 Pegasus Éxito
Orbcomm CDS 2 25 de abril de 1993 Pegasus Éxito
Orbcomm FM01 3 de abril de 1995 Éxito Pegasus-H
Orbcomm FM02 3 de abril de 1995 Éxito Pegasus-H
Orbcomm FM03 10 de febreiro de 1998 Éxito Taurus-2210
Orbcomm FM04 10 de febreiro de 1998 Éxito Taurus-2210
Orbcomm FM05 23 de decembro de 1997 Éxito Pegasus-XL HAPS
Orbcomm FM06 23 de decembro de 1997 Éxito Pegasus-XL HAPS
Orbcomm FM07 23 de decembro de 1997 Éxito Pegasus-XL HAPS
Orbcomm FM08 23 de decembro de 1997 Éxito Pegasus-XL HAPS
Orbcomm FM09 23 de decembro de 1997 Éxito Pegasus-XL HAPS
Orbcomm FM10 23 de decembro de 1997 Éxito Pegasus-XL HAPS
Orbcomm FM11 23 de decembro de 1997 Éxito Pegasus-XL HAPS
Orbcomm FM12 23 de decembro de 1997 Éxito Pegasus-XL HAPS
Orbcomm FM13 2 de agosto de 1998 Éxito Pegasus-XL HAPS
Orbcomm FM14 2 de agosto de 1998 Éxito Pegasus-XL HAPS
Orbcomm FM15 2 de agosto de 1998 Éxito Pegasus-XL HAPS
Orbcomm FM16 2 de agosto de 1998 Éxito Pegasus-XL HAPS
Orbcomm FM17 2 de agosto de 1998 Éxito Pegasus-XL HAPS
Orbcomm FM18 2 de agosto de 1998 Éxito Pegasus-XL HAPS
Orbcomm FM19 2 de agosto de 1998 Éxito Pegasus-XL HAPS
Orbcomm FM20 2 de agosto de 1998 Éxito Pegasus-XL HAPS
Orbcomm FM21 23 de setembro de 1998 Éxito Pegasus-XL HAPS
Orbcomm FM22 23 de setembro de 1998 Éxito Pegasus-XL HAPS
Orbcomm FM23 23 de setembro de 1998 Éxito Pegasus-XL HAPS
Orbcomm FM24 23 de setembro de 1998 Éxito Pegasus-XL HAPS
Orbcomm FM25 23 de setembro de 1998 Éxito Pegasus-XL HAPS
Orbcomm FM26 23 de setembro de 1998 Éxito Pegasus-XL HAPS
Orbcomm FM27 23 de setembro de 1998 Éxito Pegasus-XL HAPS
Orbcomm FM28 23 de setembro de 1998 Éxito Pegasus-XL HAPS
Orbcomm FM30 4 de decembro de 1999 Éxito Pegasus-XL HAPS
Orbcomm FM31 4 de decembro de 1999 Éxito Pegasus-XL HAPS
Orbcomm FM32 4 de decembro de 1999 Éxito Pegasus-XL HAPS
Orbcomm FM33 4 de decembro de 1999 Éxito Pegasus-XL HAPS
Orbcomm FM34 4 de decembro de 1999 Éxito Pegasus-XL HAPS
Orbcomm FM35 4 de decembro de 1999 Éxito Pegasus-XL HAPS
Orbcomm FM36 4 de decembro de 1999 Éxito Pegasus-XL HAPS
Orbcomm CDS 3 19 de xuño de 2008 Éxito Kosmos 3M
Orbcomm FM37 19 de xuño de 2008 Éxito Kosmos-3M
Orbcomm FM38 19 de xuño de 2008 Éxito Kosmos-3M
Orbcomm FM39 19 de xuño de 2008 Éxito Kosmos-3M
Orbcomm FM40 19 de xuño de 2008 Éxito Kosmos-3M
Orbcomm FM41 19 de xuño de 2008 Éxito Kosmos-3M
Orbcomm OG2 1 14 de xullo de 2014 Éxito Falcon 9
Orbcomm OG2 2 22 de decembro uño de 2015 Éxito Falcon 9
Orbcomm FM101 8 de outubro de 2012 Fallo parcial Falcon 9
Orbcomm FM103 14 de xullo de 2014 Éxito Falcon 9
Orbcomm FM104 14 de xullo de 2014 Éxito Falcon 9
Orbcomm FM105 22 de decembro de 2015 Éxito Falcon 9
Orbcomm FM106 14 de xullo de 2014 Éxito Falcon 9
Orbcomm FM107 14 de xullo de 2014 Éxito Falcon 9
Orbcomm FM108 22 de decembro de 2015 Éxito Falcon 9
Orbcomm FM109 14 de xullo de 2014 Éxito Falcon 9
Orbcomm FM110 22 de decembro de 2015 Éxito Falcon 9
Orbcomm FM111 14 de xullo de 2014 Éxito Falcon 9
Orbcomm FM112 22 de decembro de 2015 Éxito Falcon 9
Orbcomm FM113 22 de decembro de 2015 Éxito Falcon 9
Orbcomm FM114 22 de decembro de 2015 Éxito Falcon 9
Orbcomm FM115 22 de decembro de 2015 Éxito Falcon 9
Orbcomm FM116 22 de decembro de 2015 Éxito Falcon 9
Orbcomm FM117 22 de decembro de 2015 Éxito Falcon 9
Orbcomm FM118 22 de decembro de 2015 Éxito Falcon 9
Orbcomm FM119 22 de decembro de 2015 Éxito Falcon 9
  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 Mark Wade (2020). "Orbcomm" (en inglés). Consultado o 6 de decembro de 2020. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "Orbcomm-X, -CDS 1, 2 (OXP, VSUME)" (en inglés). Consultado o 8 de decembro de 2020. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "Orbcomm FM1 - FM43" (en inglés). Consultado o 8 de decembro de 2020. 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "Orbcomm FM37 - FM41 (Orbcomm Q1 - Q6)" (en inglés). Consultado o 8 de decembro de 2020. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "Orbcomm FM37 - FM41 (Orbcomm Q1 - Q6)" (en inglés). Consultado o 8 de decembro de 2020. 
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "Orbcomm-OG2 Mass Simulator 1, 2" (en inglés). Consultado o 8 de decembro de 2020. 
  7. 7,0 7,1 7,2 7,3 7,4 Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "Orbcomm FM101, ..., FM119 (OG2)" (en inglés). Consultado o 8 de decembro de 2020. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]