Juan Zavala de la Puente
Juan Zavala de la Puente (ás veces Juan de Zavala ou Juan Zabala), nado en Lima (Perú) o 27 de decembro de 1804 e finado en Madrid o 29 de decembro de 1879, foi un militar e político español. Conde de Paredes de Nava e Marqués de Sierra Bullones, foi Presidente do Goberno de España en 1874.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Logo da declaración de independencia do Perú regresou á Península Ibérica, ingresando na carreira militar. Participou durante a Primeira Guerra Carlista no bando leal a Isabel II. Foi comisionado por Baldomero Espartero para preparar o Convenio de Oñati, que, posteriormente, asinarían o propio Duque de la Victoria e máis o xeneral carlista Rafael Maroto, pondo fin á guerra. Ao longo da guerra, Zavala ascendeu ata o grao de tenente xeneral.
Durante o reinado de Isabel II, foi un dos xenerais que participaron, con Leopoldo O'Donnell ao mando, na guerra de África, obtendo méritos que lle valeron o marquesado de Sierra Bullones. Foi ministro de Mariña nos gobernos da Unión Liberal. En 1874, no ano final do Sexenio Democrático, na República Unitaria, da que o xeneral Serrano era o home forte, nomeou D. Juan Zavala como Presidente do Consello de Ministros, actuando como tal desde o 26 de febreiro de 1874, á par que seguía a ostentar o Ministerio da Guerra. Zavala foi substituído nese mesmo ano, o 13 de maio, por Sagasta.
Predecesor: Francisco Serrano |
Presidente do Consello de Ministros de España 1874 |
Sucesor: Práxedes Mateo Sagasta |
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Juan Zavala de la Puente |