[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Jrue Holiday

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJrue Holiday

(2021) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento12 de xuño de 1990 Editar o valor en Wikidata (34 anos)
Os Ánxeles, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de California, Os Ánxeles
Campbell Hall School (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Altura193 cm Editar o valor en Wikidata
Peso82 kg Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónbaloncestista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade2009 Editar o valor en Wikidata -
Nacionalidade deportivaEstados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Deportebaloncesto Editar o valor en Wikidata
LigaNBA (en) Traducir, Baloncesto masculino da División I da NCAA e National Basketball Association Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoBase Editar o valor en Wikidata
Número deportivo11 Editar o valor en Wikidata
Convocado porPhiladelphia 76ers Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
2008–2009 UCLA Bruins
2009–2013 Philadelphia 76ers
2013–2020 New Orleans Pelicans
2020–2023 Milwaukee Bucks
2023–valor descoñecido Boston Celtics
Participou en
2021Xogos Olímpicos de 2020 (1º) (medalla de ouro olímpica)
2019Campionato do Mundo de Baloncesto de 2019 (7º) Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeLauren Cheney Editar o valor en Wikidata
IrmánsJustin Holiday
Aaron Holiday Editar o valor en Wikidata

Twitter: jrue_holiday11 Instagram: jrue_holiday11 Editar o valor en Wikidata

Jrue Randall Holiday, nado o 12 de xuño de 1990 no barrio de Chatsworth (Os Ánxeles), é un xogador americano de baloncesto profesional que xoga nos Boston Celtics da National Basketball Association (NBA). É irmán dos tamén xogadores de baloncesto profesional Justin Holiday e Aaron Holiday.

Traxectoria profesional

[editar | editar a fonte]

Holiday foi elixido na 17ª posición do Draft da NBA de 2009 polos Philadelphia 76ers. Converteuse no base titular dos Sixers en marzo da tempada 2009-10. Cando Louis Williams regresou da súa lesión, Holiday perdeu o posto de titular durante uns partidos, pero cando os Sixers levaban unha xeira negativa, Holiday volveu ao posto de base titular, e o mantivo durante o resto da tempada. O 3 de abril de 2010, Holiday anotou 25 puntos contra os Toronto Raptors, a máxima anotación na súa carreira. O 5 de novembro dese mesmo ano, mellorou esa marca, anotando 29 puntos contra os Cleveland Cavaliers. O 2 de febreiro de 2011, conseguiu o seu primeiro triplo-dobre, con 11 puntos, 10 rebotes e 11 asistencias na vitoria contra os New Jersey Nets. O 24 de xaneiro de 2013, foi elixido para xogar o seu primeiro All-Star Game da NBA coma suplente. O 26 de xaneiro de 2013, superou a maior anotación da súa carreira ó anotar 35 puntos contra os New York Knicks.

O 12 de xullo de 2013, foi traspasado ós New Orleans Pelicans a cambio de Nerlens Noel e unha elección de primeira rolda do Draft de 2014.[1]

O 24 de novembro de 2020, Holiday foi traspasado ós Milwaukee Bucks nun traspaso entre catro equipos.[2]

O 27 de setembro de 2023, Holiday foi traspasado xunto a Deandre Ayton, Toumani Camara e unha elección da primeira rolda do Draft de 2029 ós Portland Trail Blazers, nun traspaso entre tres equipos que enviou a Damian Lillard ós Milwaukee Bucks, e a Grayson Allen, Jusuf Nurkić, Nassir Little e Keon Johnson ós Suns.[3] Catro días máis tarde, os Trail Blazers traspasaron a Holiday ós Boston Celtics a cambio de Robert Williams III, Malcolm Brogdon e dúas futuras eleccións da primeira rolda do Draft.[4]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]