[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

José Luis Mendilibar

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJosé Luis Mendilibar

(2017) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento14 de marzo de 1961 Editar o valor en Wikidata (63 anos)
Zaldibar, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista, adestrador de fútbol Editar o valor en Wikidata
Nacionalidade deportivaEspaña Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoCentrocampista Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
  Athletic Club
1979–1982   Bilbao Athletic 105(14)
1982–1985   CD Logroñés
1985–1993 Sestao Sport Club 275(34)
1993–1994 Sociedad Deportiva Lemona 28(4)
  Adestrador Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
–2023   Sevilla FC Editar o valor en Wikidata

IMDB: nm9976521 Editar o valor en Wikidata

José Luis Mendilibar Etxebarria, nado en Zaldibar (Biscaia) o 14 de marzo de 1961, é un exfutbolista español e actual adestrador de fútbol, que dende 2024 dirixe o Olympiacos do Pireo. Xogaba de centrocampista.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Como xogador

[editar | editar a fonte]

Mendilibar iniciouse no fútbol xogando no Bilbao Athletic até 1982. Foi contratado polo CD Logroñés por tres tempadas, até que en 1985 foi contratado polo Sestao Sport Club, equipo no que xogou durante sete campañas. A tempada 1993–94 foi a súa derradeira campaña como futbolista, xogando para o SD Lemona. Nunca chegou a competir en Primeira División.

Como adestrador

[editar | editar a fonte]

Tras retirarse dos terreos de xogo, Mendilibar iniciouse como adestrador en 1994 como técnico do Arratia, club no que permaneceu dous anos. En 1996 foi contratado polo Athletic Club para dirixir as súas categorías inferiores, posto que deixará en 1999. Tras dous anos sen adestrar, foi contratado en 2001 para dirixir ao CD Aurrerá de Vitoria, club no que permaneceu unha tempada.

En 2002 foi contratado polo UD Lanzarote, co que logra acadar a fase de ascenso a Segunda División ese mesmo ano. Na tempada 2003–04 o equipo realiza a mellor campaña da súa historia, quedando na primeira posición. En 2004 foi contratado polo SD Eibar, co que estivo a piques de lograr o ascenso a Primeira División. Grazas á labor realizada, o Athletic Club faise cos seus servizos de cara á tempada 2005-06, mais a mala racha de resultados provocaron a súa destitución antes do final da primeira volta.

No verán de 2006 foi contratado polo Real Valladolid, converténdose no ecuador do campionato dese mesmo ano como líder destacado da Segunda División e conseguindo matematicamente o ascenso a Primeira a falta de 8 xornadas para a conclusión do campionato. O 1 de febreiro de 2010 foi destituído como adestrador do Valladolid, sendo substituído por Onésimo Sánchez, adestrador do filial.[1]

O 14 de febreiro de 2011 anunciouse a súa contratación polo CA Osasuna, en substitución de José Antonio Camacho.[2]

Palmarés

[editar | editar a fonte]
Sevilla
Olympiacos F.C.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]