José Asensio
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 18 de maio de 1892 A Coruña, España |
Morte | 24 de febreiro de 1961 (68 anos) Nova York, Estados Unidos de América |
Educación | Instituto Cardenal Cisneros |
Actividade | |
Ocupación | militar |
Carreira militar | |
Lealdade | Restauración borbónica en España |
Rango militar | Xeneral |
Conflito | guerra civil española Batalha de Talavera de la Reina (pt) |
José Asensio Torrado, nado na Coruña o 18 de maio de 1892 e finado en Nova York o 24 de febreiro de 1961, foi un militar galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Ingresou na Academia de Infantería de Toledo en 1907 e foi enviado ao Protectorado Español de Marrocos. En 1920 ascendeu a comandante e foi nomeado xefe do Estado Maior do Comisariado Español en África. Ao proclamarse a Segunda República Española foi nomeado xefe da Comisión Fronteiriza con Portugal, e en 1933 foi ascendido a coronel.
Nos primeiros días da Guerra civil española tomou parte no asalto ao Cuartel da Montaña de Madrid e diversas operacións nas frontes de Andújar, Málaga, Guadarrama. Ascendido a xeneral, foi nomeado Xefe do Teatro de Operacións do Centro (TOCE) e participou no frustrado asalto ao Alcázar de Toledo; fracasou igualmente, en Talavera de la Reina. En outubro de 1936 Francisco Largo Caballero nomeouno subsecretario do Ministerio da Guerra, desde onde tratou de reorganizar o exército republicano. Pouco antes de finalizar a guerra foi nomeado agregado militar da embaixada española en Washington. Trasladouse a Nova York, onde deu clases de español.[1] En 1949, foi nomeado ministro da Guerra no Goberno da República no exilio. Finou en Nova York o 24 de febreiro de 1961.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Suero Roca, Mª Teresa. "Un mado incomprendido: José Asensio Torrado" (PDF). sbhac.net (en castelán). Consultado o 8 de xuño de 2022.
- ↑ Obituario. José Asensio