[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Jonathan Bamba

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJonathan Bamba

(2016) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(mul) Jonathan Fousseni Bamba Editar o valor en Wikidata
26 de marzo de 1996 Editar o valor en Wikidata (28 anos)
Alfortville, Francia Editar o valor en Wikidata
Altura175 cm Editar o valor en Wikidata
Peso72 kg Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade2015 Editar o valor en Wikidata -
Nacionalidade deportivaCosta do Marfil
Francia Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoCentrocampista Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
2015–2018 AS Saint-Étienne
2016–2016 cesión Paris FC
2016–2017 cesión K. Sint-Truidense V.V.
2017–2017 cesión Angers SCO
2023– transferencia libre PFC CSKA Moscova
  Selección nacional Número de partidos xogados
  Francia sub-21
2011–2011   Francia sub-16 2(0)
2013–2013   Francia sub-18 3(0)
2015–2015   Francia sub-20
Participou en
2019Eurocopa de Fútbol Sub-21 de 2019
20192019 UEFA European Under-21 Championship qualification Group 9 (en) Traducir Editar o valor en Wikidata

IMDB: nm12041593 UEFA: 250062420 Editar o valor en Wikidata

Jonathan Bamba, nado en Alfortville (Illa de Francia, Francia) o 26 de marzo de 1996, é un futbolista franco-marfileño. Xoga de centrocampista e o seu equipo é o R. C. Celta de Vigo da Primeira División de España.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Saint-Étienne

[editar | editar a fonte]

Bamba comezou nas inferiores do Saint-Étienne en 2011.

Debutou na Ligue 1 o 25 de xaneiro de 2015 contra o Paris Saint-Germain, cando entrou no minuto 82 por Yohan Mollo na derrota en casa por 1-0. Anotou o seu primeiro gol para o club o 20 de setembro de 2015 ao Nantes na vitoria por 2-0 de local.

O 18 de xaneiro de 2016 foi cedido ao París FC ata o termo da tempada.​ Na tempada 2016-17 foi enviado a préstamo ao Sint-Truidense de Bélxica. Con todo, regresou ao club francés na xanela de fichaxes doverán. O 4 de xaneiro de 2017, Bamba fichou polo Angers de Ligue 1 como cedido.

O 2 de xullo de 2018 fichou polo Lille O. S. C. por cinco anos. Debutou co Lille o 11 de agosto de 2018 e anotou o terceiro gol na vitoria por 3-1 sobre o Stade Rennais. O 30 de setembro anotou dous goles no últimos seis minutos de encontro na vitoria en casa perante o Olympique de Marsella por 3-0.​ O centrocampista foi parte do tridente ofensivo xunto a Nicoles Pépé e Jonathan Ikoné, que foi denominada "BIP-BIP", nunha gran tempada do Lille ese ano.​ Bamba anotou 13 goles en total en Ligue 1 esa tempada 2018-19 que asegurou o segundo lugar na táboa final e a clasificación para a liga de Campións 2019-20.

Durante esas cinco tempadas disputou 200 partidos nos que conseguiu 29 tantos e axudou ao club para conquistar a Ligue 1 2020-21.

Celta de Vigo

[editar | editar a fonte]

O 18 de xullo de 2023 fichou polo Celta de Vigo por tres anos. Chegou libre tras expirar o seu contrato co Lille O. S.


Palmarés

[editar | editar a fonte]

Títulos nacionais

[editar | editar a fonte]
Título Club País Ano
Ligue 1 Lille O. S. C. Francia 2020-21
Supercopa de Francia Lille O. S. C. Francia 2021

Títulos internacionais

[editar | editar a fonte]
Título Equipo Sede Ano
Copa Africana de Nacións Costa de Marfil Costa do Marfil Costa do Marfil 2023