Jojo Rabbit
Jojo Rabbit | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Jojo Rabbit |
Director | Taika Waititi |
Produtor |
|
Guión | Taika Waititi |
Baseado en | Caging Skies de Christine Leunens |
Intérpretes | |
Música | Michael Giacchino |
Fotografía | Mihai Mălaimare Jr. |
Montaxe | Tom Eagles |
Estudio |
|
Distribuidora | Fox Searchlight Pictures |
Estrea | Festival de Toronto: 8 de setembro de 2019 18 de outubro de 2019 |
Duración | 108 minutos[3] |
Orixe | Estados Unidos[4] |
Xénero | Comedia e drama |
Orzamento | 14 millóns de dólares[5] |
Recadación | 90,3 millóns de dólares[6][7] |
Na rede | |
http://www.foxsearchlight.com/jojorabbit/ e https://www.searchlightpictures.com/jojorabbit/ | |
|
Jojo Rabbit é un filme estadounidense de 2019 de drama e comedia[3][8] escrito e dirixido por Taika Waititi que se basea no libro de Christine Leunens Caging Ceos.[9][10][11] Roman Griffin Davis interpreta o personaxe principal, Johannes "Jojo" Betzler, un neno membro de Deutsches Jungvolk que descobre que a súa nai (Scarlett Johansson) está agochando unha rapaza xudía (Thomasin McKenzie) no seu ático. Debido a isto debe poñer en dúbida as súas crenzas, mentres lida coa intervención do seu amigo imaxinario, unha versión fantasiosa de Adolf Hitler (Waititi). No filme tamén aparecern Rebel Wilson, Stephen Merchant, Alfie Allen e Sam Rockwell.
Estreouse internacionalmente na 44ª edición do Festival Internacional de Cinema de Toronto o 8 de setembro de 2019, onde gañou o meirande premio, o Grolsch People's Choice.[12] Jojo Rabbit estreouse nos cinemas dos Estados Unidos o 18 de outubro de 2019, e nos de Nova Zelandia o 24 de outubro de 2019. Recibiu valoracións positivas, especialmente polas interpretacións, dirección, alma, estilo visual, banda sonora e produción, mais tamén xerou certo criticismo pola representación cómica dos nazis.[13][14][15]
Jojo Rabbit foi escollido polo National Board of Review e polo American Film Institute como un dos mellores dez filmes do ano.[16][17] Na 92ª edición dos Óscar recibiu seis nomeamentos, incluíndo as categorías de mellor filme e mellor actriz secundaria para Johansson, gañando finalmente o premio mellor guión adaptado. Nos Globos de Ouro estivo nomeado ó mellor filme comedia ou musical e mellor actor comedia ou musical para Davis.
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Roman Griffin Davis como Jojo
- Thomasin McKenzie como Elsa
- Taika Waititi como Adolf
- Rebel Wilson como Fräulein Rahm
- Stephen Merchant como Deertz
- Alfie Allen como Finkel
- Sam Rockwell como Capitán Klenzendorf
- Scarlett Johansson como Rosie
- Archie Yates como Yorki
Acollida
[editar | editar a fonte]Recadación
[editar | editar a fonte]No ano 2020, Jojo Rabbit recadou 33,4 millóns de dólares nos Estados Unidos e no Canadá, e 57 millóns adicionais noutros territorios, cun total internacional de 90,3 millóns de dólares.[6][7]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 Gleiberman, Owen (8 de setembro de 2019). "Toronto Film Review: 'Jojo Rabbit'". Variety. Arquivado dende o orixinal o 15 de outubro de 2019. Consultado o 10 de outubro de 2019.
- ↑ Piki Films, ed. (24 de xullo de 2019). "Jojo Rabbit premieres at TIFF & releases teasers". Arquivado dende o orixinal o 22 de outubro de 2019. Consultado o 10 de setembro de 2019.
- ↑ 3,0 3,1 British Board of Film Classification (ed.). "Jojo Rabbit (2019)". Arquivado dende o orixinal o 22 de decembro de 2019. Consultado o 21 de decembro de 2019.
- ↑ Screen International, ed. (17 de setembro de 2019). "'Jojo Rabbit': Toronto Review". Screen Daily. Arquivado dende o orixinal o 21 de setembro de 2019. Consultado o 10 de outubro de 2019.
- ↑ Galuppo, Mia (11 de novembro de 2019). "Making of 'Jojo Rabbit': How Taika Waititi Scored The Beatles' Music for His Hitler Satire". The Hollywood Reporter. Arquivado dende o orixinal o 12 de novembro de 2019. Consultado o 19 de novembro de 2019.
- ↑ 6,0 6,1 IMDb (ed.). "Jojo Rabbit (2019)". Box Office Mojo. Arquivado dende o orixinal o 25 de xaneiro de 2020. Consultado o 18 de marzo de 2020.
- ↑ 7,0 7,1 Nash Information Services, LLC (ed.). "Jojo Rabbit (2019) - Financial Information". The Numbers. Arquivado dende o orixinal o 27 de decembro de 2019. Consultado o 17 de marzo de 2020.
- ↑ Fandango (ed.). "Jojo Rabbit (2019)". Rotten Tomatoes. Arquivado dende o orixinal o 25 de xaneiro de 2020. Consultado o 10 de abril de 2019.
- ↑ New York Media (ed.). "The Jojo Rabbit Trailer Stars Taika Waititi As a Dancing Hitler". vulture.com. Nova York. Consultado o 21 de setembro de 2019.
- ↑ Tronc, ed. (9 de setembro de 2019). "Why 'Jojo Rabbit' takes aim at Nazis and Hitler in Taika Waititi's 'anti-hate' satire". Los Angeles Times (en inglés) (Os Ánxeles, California). Arquivado dende o orixinal o 20 de setembro de 2019. Consultado o 21 de setembro de 2019.
- ↑ Pelletier, Lee (6 de agosto de 2019). ""Caging Skies" Author Talks WWII, Hitler Youth and Upcoming Film "Jojo Rabbit" - BookTrib Christine Leunens Caging Skies Jojo Rabbit". BookTrib (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 07 de agosto de 2019. Consultado o 21 de setembro de 2019.
- ↑ Deadline Hollywood, ed. (16 de setembro de 2019). "Jojo Rabbit' Wins Toronto's Grolsch People's Choice Award; Best Picture Oscar Predictor?". Arquivado dende o orixinal o 15 de setembro de 2019. Consultado o 15 de setembro de 2019.
- ↑ "Disney Hitler movie Jojo Rabbit divides critics and angers Germany". The Daily Telegraph. 9 de setembro de 2019. Arquivado dende o orixinal o 10 de setembro de 2019. Consultado o 11 de setembro de 2019.
- ↑ Sharf, Zack (9 de setembro de 2019). "'Jojo Rabbit' Sharply Divides TIFF With Oscar Buzz and Uproar Over Nazi Storyline". IndieWire. Arquivado dende o orixinal o 11 de setembro de 2019. Consultado o 11 de setembro de 2019.
- ↑ "Jojo Rabbit tickets are now on sale". www.flicks.co.nz. Arquivado dende o orixinal o 08 de novembro de 2019. Consultado o 8 de novembro de 2019.
- ↑ National Board of Review, ed. (3 de decembro de 2019). "National Board of Review 2019: 'The Irishman' Wins Best Film, Adam Sandler Named Best Actor". Arquivado dende o orixinal o 03 de decembro de 2019. Consultado o 3 de decembro de 2019.
- ↑ American Film Institute, ed. (4 de decembro de 2019). "AFI AWARDS 2019 Honorees Announced". Arquivado dende o orixinal o 10 de decembro de 2019. Consultado o 4 de decembro de 2019.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Jojo Rabbit |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Jojo Rabbit na IMDb (en inglés).
- Ficha en AllMovie (en inglés)
- Filmes de 2019
- Filmes en lingua inglesa
- Filmes dos Estados Unidos de América
- Filmes dirixidos por Taika Waititi
- Filmes producidos por Taika Waititi
- Filmes rodados na República Checa
- Filmes sobre a segunda guerra mundial
- Filmes ambientados en 1945
- Filmes de Fox Searchlight Pictures
- Filmes sobre a Alemaña nazi