J'ai tué ma mère
J'ai tué ma mère | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | J'ai tué ma mère |
Director | Xavier Dolan |
Produtor | Xavier Dolan Carole Mondello Daniel Morin |
Guión | Xavier Dolan |
Intérpretes | Xavier Dolan Anne Dorval Suzanne Clément François Arnaud |
Música | Nicholas Savard-L'Herbier |
Fotografía | Stéphanie Weber Biron Nicolas Canniccioni |
Montaxe | Hélène Girard |
Distribuidora | Rézo Films (Francia) K Films Amerique (Canadá) Kino Lorber (USA) |
Estrea | Festival de Cannes: 18 de maio de 2009 5 de xuño de 2009 |
Duración | 96 minutos[1] |
Orixe | Canadá |
Xénero | Drama |
Orzamento | 450 000 CA$ (estimado) |
Recadación | 32 803 CA$[2] |
Na rede | |
http://www.xavier-dolan.com/films/jai-tue-ma-mere/ | |
J'ai tué ma mère é un filme canadense de 2009 escrito e dirixido por Xavier Dolan. O filme atraeu a atención da prensa internacional cando gañou tres premios na sección Director's Fortnight no Festival Internacional de Cinema de Cannes de 2009.[3][4] Logo de ser proxectado no festival, o filme recibiu unha grande ovación en pé do público.[5] Estreouse en 12 cinemas no Quebec e en 60 en Francia.[6][7][8]
Sinopse
[editar | editar a fonte]Hubert é un adolescente de dezaseis anos que vive nun suburbio de Montreal coa súa nai, Chantale, que se divorciou do pai de Hubert, Richard, cando el era aínda un neno. O pai non participa na educación e Hubert explica que a nai casou e concibiuno porque iso é o que se espera en xeral das mulleres. Ao adolescente amólalle todo da súa nai, basicamente vea como unha persoa vulgar, inmatura e de mal gusto.
No colexio reciben a tarefa de entrevistar os pais para logo facer unha estatística sobre cuestións como a profesión dos proxenitores e os ingresos do fogar. Hubert séntese avergoñado e para evitar facer o traballo dille á profesora Julie Cloutier que a súa nai morreu. Máis tarde Cloutier descobre que iso non é certo e expresa esa mentira como "mataches a túa nai".
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Xavier Dolan como Hubert Minel
- Anne Dorval como Chantale Lemming
- Suzanne Clément como Julie Cloutier
- François Arnaud como Antonin Rimbaud
- Niels Schneider como Éric
- Patricia Tulasne como Hélène Rimbaud
- Pierre Chagnon como Richard Minel
- Monique Spaziani como Denise
- Benoît Gouin como director Nadeau
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ British Board of Film Classification, ed. (23 de setembro de 2010). "J'AI TUE MA MERE - I KILLED MY MOTHER (15)". Consultado o 4 de outubro de 2012.
- ↑ "Playback - RBC HotSheet". Arquivado dende o orixinal o 27 de maio de 2012. Consultado o 04 de maio de 2020.
- ↑ "Québécois filmmaker electrifies Cannes" Arquivado 28 de maio de 2009 en Wayback Machine.. The Globe and Mail, 25 de maio de 2009.
- ↑ Montreal Gazette, ed. (23 de maio de 2009). "Quebec film scores hat trick at Cannes". Arquivado dende o orixinal o 21 de outubro de 2009. Consultado o 25 de maio de 2009.
- ↑ Stone, Jay (20 de maio de 2009). "Quebec film a hit at Cannes" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 06 de novembro de 2012. Consultado o 25 de maio de 2009.
- ↑ Bélanger, Cédric (22 de maio de 2009). Canoe, ed. "Xavier Dolan gagne trois prix a Cannes" (en francés). Arquivado dende o orixinal o 07 de xuño de 2011. Consultado o 25 de maio de 2009.
- ↑ Radio-Canada, ed. (20 de maio de 2009). "Festival de Cannes : Acceuil remarquable pour Dolan" (en francés). Arquivado dende o orixinal o 29 de marzo de 2019. Consultado o 26 de maio de 2009.
- ↑ "RSS Hysteria: Xavier Dolan & his mother at TIFF". Arquivado dende o orixinal o 20 de marzo de 2012. Consultado o 23 de setembro de 2009.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]- Filmes do Canadá propostos ó Óscar ó mellor filme internacional
- Filmes propostos ó mellor filme internacional na 82ª edición dos Óscar
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- J'ai tué ma mère na IMDb (en inglés).
- Ficha en AllMovie (en inglés)
- Ficha en RottenTomatoes (en inglés)