Ligat ha'Al
Tipo | competición deportiva |
---|---|
Deporte | baloncesto |
Organizador | Israeli Basketball Super League Administration (en) |
Liga inferior | Liga Leumit (en) |
Número de participantes | 12 |
Localización e Datas | |
País | Israel |
Vixencia | 1954 – |
Período de ocorrencia | 1 ano |
Outro | |
Páxina web oficial | basket.co.il… |
A Ligat ha'Al ou Ligat HaAl (en hebreo: ליגת העל, en galego: Super Liga) é a máxima categoría do baloncesto de Israel. Actualmente é coñecida por motivos de patrocinio como Ligat Winner Sal (en hebreo: ליגת ווינר סל), sendo "Winner" o nome dun xogo ofertado pola compañía de apostas Sports Betting Board.[1] Ás veces tamén se coñece ao campionato como a Israeli Premier League, á veces abreviado BSL (Basketball Super League) ou ISBL (Israeli Basketball Super League). A competición está organizada pola Israeli Basketball Super League Administration Ltd.
Formato
[editar | editar a fonte]Na Ligat Winner compiten cada ano os doce principais clubs de baloncesto de Israel. Fundada en 1954, a liga é coñecida en Europa debido ao éxito dos equipos israelís nas competicións europeas como a Euroliga, a ULEB Eurocup (antiga Copa ULEB) e o EuroChallenge (antes Eurocopa). Moitos xogadores que non son elixidos no Draft da NBA deciden probar sorte nesta liga.
A competición é a primeira división no baloncesto israelí: os catro equipos que acaban últimos na liga xogan unha eliminatorias para evitar o descenso á Segunda División, mentres que oito da segunda categoría (Liga Leumit) xogan un playoff de ascenso para poder competir ao ano seguinte na HaAl. Para decidir ao campión da liga, os oito primeiros clasificados xogan unha eliminatoria de playoff que da acceso a unha "Final a Catro" na que se decide o título mediante unhas semifinais e unha final a partido único.
Ligazóns coa NBA
[editar | editar a fonte]A liga israelí foi unha das pioneiras en Europa en tomar contacto con equipos da NBA para a disputa de amigables entre equipos de ambas as ligas. Así, nos anos 1980 foi frecuente ver en Israel a equipos como os Phoenix Suns, os Cleveland Cavaliers e Orlando Magic. En outubro de 2005, o Maccabi Tel Aviv derrotou aos Toronto Raptors nun partido amigable de pretempada en Toronto, Canadá, por 103-105, sendo a primeira vitoria dun equipo europeo sobre un norteamericano na súa casa.[2] A pesar de que varios xogadores israelís foron seleccionados no Draft da NBA nos últimos anos, non foi até 2009 cando Omri Casspi se converteu no primeiro xogador nado en Israel na NBA, xogando para os Sacramento Kings. Antes del foran "drafteados" Doron Sheffer, Yotam Halperin e Lior Eliyahu.
Equipos
[editar | editar a fonte]Os seguintes son os equipos que compiten na temporada 2023–24 da Ligat Winner Sal.
Equipo | Cidade | Pavillón | Capacidade |
---|---|---|---|
Bnei Herzliya | Herzliya | HaYovel Herzliya | 1.500 |
Hapoel Afula | Afula | Nir Ha'emak Hall | 1.000 |
Hapoel Be'er Sheva | Bersebá | Conch Arena | 3.000 |
Hapoel Eilat | Eilat | Begin Arena | 1.490 |
Hapoel Galil Elyon | Kfar Blum | HaPais Kfar Blum | 2.000 |
Hapoel Haifa | Haifa | Romema Arena | 5.000 |
Hapoel Holon | Holon | Holon Toto Hall | 5.500 |
Hapoel Jerusalem | Xerusalén | Pais Arena Jerusalem | 11.600 |
Hapoel Tel Aviv | Tel Aviv | Drive in Arena | 3.504 |
Ironi Kiryat Ata | Kiryat Ata | Ramaz Hall | 1.200 |
Ironi Nes Ziona | Nes Ziona | Lev Hamoshava | 1.300 |
Maccabi Ironi Ramat Gan | Ramat Gan | Zisman Hall | 1.400 |
Maccabi Tel Aviv | Tel Aviv | Menora Mivtachim Arena | 11.060 |
Palmarés
[editar | editar a fonte]- 1953−1954 Maccabi Tel Aviv
- 1954−1955 Maccabi Tel Aviv
- 1955−1956 Non disputado
- 1956−1957 Maccabi Tel Aviv
- 1957−1958 Maccabi Tel Aviv
- 1958−1959 Maccabi Tel Aviv
- 1959−1960 Hapoel Tel Aviv
- 1960−1961 Hapoel Tel Aviv
- 1961−1962 Maccabi Tel Aviv
- 1962−1963 Maccabi Tel Aviv
- 1963−1964 Maccabi Tel Aviv
- 1964−1965 Hapoel Tel Aviv
- 1965−1966 Hapoel Tel Aviv
- 1966−1967 Maccabi Tel Aviv
- 1967−1968 Maccabi Tel Aviv
- 1968−1969 Hapoel Tel Aviv
- 1969−1970 Maccabi Tel Aviv
- 1970−1971 Maccabi Tel Aviv
- 1971−1972 Maccabi Tel Aviv
- 1972−1973 Maccabi Tel Aviv
- 1973−1974 Maccabi Tel Aviv
- 1974−1975 Maccabi Tel Aviv
- 1975−1976 Maccabi Tel Aviv
- 1976−1977 Maccabi Tel Aviv
- 1977−1978 Maccabi Tel Aviv
- 1978−1979 Maccabi Tel Aviv
- 1979−1980 Maccabi Tel Aviv
- 1980−1981 Maccabi Tel Aviv
- 1981−1982 Maccabi Tel Aviv
- 1982−1983 Maccabi Tel Aviv
- 1983−1984 Maccabi Tel Aviv
- 1984−1985 Maccabi Tel Aviv
- 1985−1986 Maccabi Tel Aviv
- 1986−1987 Maccabi Tel Aviv
- 1987−1988 Maccabi Tel Aviv
- 1988−1989 Maccabi Tel Aviv
- 1989−1990 Maccabi Tel Aviv
- 1990−1991 Maccabi Tel Aviv
- 1991−1992 Maccabi Tel Aviv
- 1992−1993 Hapoel Galil Elyon
- 1993−1994 Maccabi Tel Aviv
- 1994−1995 Maccabi Tel Aviv
- 1995−1996 Maccabi Tel Aviv
- 1996−1997 Maccabi Tel Aviv
- 1997−1998 Maccabi Tel Aviv
- 1998−1999 Maccabi Tel Aviv
- 1999−2000 Maccabi Tel Aviv
- 2000−2001 Maccabi Tel Aviv
- 2001−2002 Maccabi Tel Aviv
- 2002−2003 Maccabi Tel Aviv
- 2003−2004 Maccabi Tel Aviv
- 2004−2005 Maccabi Tel Aviv
- 2005−2006 Maccabi Tel Aviv
- 2006−2007 Maccabi Tel Aviv
- 2007−2008 Hapoel Holon
- 2008−2009 Maccabi Tel Aviv
- 2009−2010 Hapoel Gilboa Galil
- 2010−2011 Maccabi Tel Aviv
- 2011−2012 Maccabi Tel Aviv
- 2012−2013 Maccabi Haifa
- 2013−2014 Maccabi Tel Aviv
- 2014−2015 Hapoel Jerusalem
- 2015−2016 Maccabi Rishon LeZion
- 2016−2017 Hapoel Jerusalem
- 2017−2018 Maccabi Tel Aviv
- 2018−2019 Maccabi Tel Aviv
- 2019−2020 Maccabi Tel Aviv
- 2020−2021 Maccabi Tel Aviv
- 2021−2022 Hapoel Holon
- 2022−2023 Maccabi Tel Aviv
Títulos por equipo
[editar | editar a fonte]Equipo | Campionatos | Subcampionatos |
---|---|---|
Maccabi Tel Aviv | 56 | 7 |
Hapoel Tel Aviv | 5 | 21 |
Hapoel Jerusalem | 2 | 7 |
Hapoel Holon | 2 | 3 |
Maccabi Haifa | 1 | 3 |
Maccabi Rishon LeZion | 1 | 3 |
Hapoel Gilboa Galil | 1 | 2 |
Hapoel Ramat Gan | 0 | 6 |
Ironi Ramat Gan | 0 | 3 |
Hapoel Gevat/Yagur | 0 | 3 |
Hapoel Haifa | 0 | 2 |
Hapoel Eilat | 0 | 2 |
Elitzur Netanya | 0 | 1 |
Maccabi Ironi Ra'anana | 0 | 1 |
Ironi Nahariya | 0 | 1 |
Maccabi Ashdod | 0 | 1 |
Bnei Herzliya | 0 | 1 |
Finais
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ BSL Sponsors
- ↑ "Os Toronto Raptors caen ante o Maccabi de Tel Aviv". Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2016. Consultado o 25 de maio de 2010.