Isabela Figueiredo
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1963 (60/61 anos) Maputo, Mozambique |
Actividade | |
Campo de traballo | Literatura portuguesa e Escrita creativa e profesional |
Ocupación | escritora, xornalista, blogueira |
Isabela Figueiredo, nada en Lourenço Marques, Mozambique en 1963,[1] é unha escritora e profesora portuguesa que salienta dentro da literatura poscolonial portuguesa.[2] Logo da independencia de Mozambique regresou en 1975 a Lisboa (Portugal), a terra dos seus pais, como retornada.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Figueiredo licenciouse en Linguas e Literaturas Modernas (unha variante de Estudos Portugueses) pola Facultade de Ciencias Sociais e Humanas (FCSH) na Universidade Nova de Lisboa e está especializada en estudos de xénero pola Universidade Aberta de Lisboa. Comezou a escribir en 1983 publicando textos no suplemento literario do Diário de Notícias, un dos xornais máis influentes da época. En 1988 gañou o primeiro premio na Mostra Portuguesa de Artes e Ideias coa súa novela Conto é Como Quem Diz. Traballou xomo xornalista no Diário de Notícias entre 1988 e 1994, onde tamén coordinou o suplemento DN Jovem. Traballa como profesora de ensino secundario de portugués.[3]
A súa obra enmárcase dentro da literatura poscolonial portuguesa. En 1988 publicou "Conto é Como Que Diz" baixo o nome de Isabel Almeida Santos. En 2009 publicou o seu "Caderno de Memórias Coloniais" cunha moi boa acollida por parte da crítica,[4] e en 2010 foi elixido un dos libros máis salientables da década por un dos suplementos culturais máis recoñecidos no eido portugués actual.[5] Foi escollido pola escritora Maria da Conceicão Caleiro e o ensaísta e profesor Gustavo Rubim no especial publicado pola revista de cultura Ipsilon (suplemento de cultura do xornal Público). O seu libro "A Gorda" (2016) foi considerado un dos dez mellores libros de 2016 pola revista en liña Espalha-Factos.[6]
En 1988 foi recoñecido o seu talento co premio de prosa na I Mostra Portuguesa de Artes e Ideias, coa novela Conto é Como Que Diz[7] e en 2010 recibiu o premio ao mellor libro do amo con Caderno de Memórias Coloniais.
Obra
[editar | editar a fonte]- 1988 – Conto é Como Quem Diz, Europress, ISBN 9789725591017
- 2009 – Caderno de Memórias Coloniais, Angelus Novus, Coímbra, ISBN 9789722127585
- 2016 – A Gorda, Editorial Caminho, ISBN 9789722128339
Premios
[editar | editar a fonte]- 1988 – Primeiro Premio de prosa na I Mostra Portuguesa de Artes e Ideias coa novela: "Conto é Como Quem Diz".
- 2010 – Monstro do Ano, Mellor Libro do Ano, por Angelus Novus.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Caminho - Autores". www.caminho.leya.com. Consultado o 22 de maio de 2017.
- ↑ "Uma infância colonial". Jornal visao (en portugués). Consultado o 22 de maio de 2017.
- ↑ Simone Pereira Schmidt (xullo de 2016). "Uma Viagem Longa Demais, Um Retorno Devastador" (PDF). uff.br (en portugués). Revista do Núcleo de Estudos de Literatura Portuguesa e Africana da UFF, Vol. 8, n° 16, 1° sem., xullo de 2016. Consultado o 22 de maio de 2017.
- ↑ Delgado, Antonio Sáez (22 de maio de 2017). "Desde este libro se ve Portugal". EL PAÍS (en castelán). Consultado o 12 de xuño de 2017.
- ↑ "Livros da década". PÚBLICO. Consultado o 22 de maio de 2017.
- ↑ Santos, Sofia (22 de decembro de 2016). "Livros: Os dez melhores de 2016". Espalha-Factos. Consultado o 22 de maio de 2017.
- ↑ "“A Gorda” | Isabela Figueiredo | deusmelivro". deusmelivro.com (en inglés). Consultado o 12 de xuño de 2017.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Isabela Figueiredo |