[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Illa Scott

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía físicaIlla Scott
(en) Scott Island Editar o valor en Wikidata
Imaxe
Tipoilla Editar o valor en Wikidata
EpónimoRobert Falcon Scott Editar o valor en Wikidata
Descubridor ou inventorWilliam Colbeck (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Localización
ContinenteAntártida Editar o valor en Wikidata
División administrativaZona do Tratado sobre a Antártida (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 67°22′42″S 179°54′42″O / -67.3783, -179.9117
Bañado porOcéano Antártico Editar o valor en Wikidata
Características
Dimensións0,18 (ancho) × 0,37 (lonxitude) km
Superficie0,04 km² Editar o valor en Wikidata
Historia
Data de descuberta ou invención1902 Editar o valor en Wikidata

A illa Scott é unha pequena illa deshabitada de orixe volcánica situada no océano Antártico. Está situada a uns 505 quilómetros do cabo Adare, a extremidade nordeste da Terra de Vitoria. Ten 565 metros de longo e 180 de largo, abranguendo unha área de 4 hectáreas. No oeste da illa, a uns 250 metros, atópase o Piar de Haggitt, unha columna de 60 m de altura. A illa contén dúas pequenas enseadas con praias, e o resto da illa é rochosa. Unha das rías está sobre a costa nordeste e a outra atópase na parte occidental da illa, fronte ao piar de Haggit.

A illa foi descuberta o 25 de decembro de 1902 polo capitán e explorador Guillerme Colbeck do SY Morning, quen transportaba no seu navío ao capitán Robert Falcon Scott na expedición de Sir Clements Robert Markham. Colbeck pensou en bautizar á illa co nome de illa Markham, pero posteriormente Clements Markham decidiu mudar o nome na honra do capitán Scott. O piar de Haggit recibe esa denominación polo apelido materno de Guillerme Colbecj, Haggit.

En 2006, unha expedición de mapeado atopou as illas cando se dirixía ao mar de Ross.[1]

Conflitos territoriais

[editar | editar a fonte]

Malia atoparse en territorio do Tratado Antártico, a illa é reclamada por Nova Zelandia.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]