Igrexa católica caldea
Aparencia
Igrexa católica caldea ܥܕܬܐ ܟܠܕܝܬܐ ܩܬܘܠܝܩܝܬܐ (ʿītha kaldetha qāthuliqetha) | |
---|---|
Emblema do patriarcado de Bagdad | |
Historia | |
Fundación | Era apostólica, separada da Igrexa do Occidente en 1830 |
Motivo | Volta á comuñón coa Igrexa católica |
Parte de | Igrexa católica |
Goberno | |
Tipo de goberno | Episcopal |
Patriarca de Bagdad | Luís Rafael I |
Estrutura | Dividida en eparquías |
Demografía e cultura | |
Fieis | 500.000 |
Linguas litúrxicas | lingua siríaca, lingua aramea |
Outros datos | |
Sede central | Bagdad |
Páxina web | www.saint-adday.com |
A Igrexa católica caldea (en siríaco: ܥܕܬܐ ܟܠܕܝܬܐ ܩܬܘܠܝܩܝܬܐ, ʿītha kaldetha qāthuliqetha) é unha Igrexa particular da Igrexa católica, baixo a autoridade da sé apostólica do patriarca de Bagdad, en comuñón co papa e o resto da Igrexa católica. Actualmente ten arredor de 500.000 fieis, principalmente asirios étnicos orixinarios do norte de Iraq, sueste de Turquía, nordeste de Siria e noroeste de Irán, mais hoxe cunha diáspora en todo o mundo.
Este artigo sobre relixión é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |