Ignacio López-Chaves
(2017) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 5 de xullo de 1964 (60 anos) Vigo, España |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | político |
Ignacio Javier López-Chaves Castro, nado en Vigo o 5 de xullo de 1964, é un avogado e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela, ten ademais un mestrado en xestión de empresas culturais pola Universidade Aberta de Cataluña. Profesionalmente é docente universitario, e ensina Dereito na Universidade de Vigo. Nesa universidade López-Chaves foi secretario do seu consello social.
Afiliado ao Partido Popular de Galicia, en 2005 sae elixido deputado nas eleccións autonómicas pola provincia de Pontevedra. En 2007 sae tamén elixido concelleiro, postos os dous que repite respectivamente nas autonómicas de 2009 e nas municipais de 2011. Na Cámara galega ocupou o cargo de voceiro de Cultura.
En 2011 renunciou ás súas actas de deputado e de concelleiro e substituíu a Corina Porro á fronte da Autoridade Portuaria de Vigo[1]. No Parlamento de Galicia foi substituído por Fátima Iglesias e no concello vigués por Pablo Beiro. En outubro de 2015 foi nomeado Delegado Territorial en Vigo da Xunta de Galicia trala dimisión de María José Bravo Bosch, motivo polo que abandonou a presidencia da Autoridade Portuaria de Vigo e foi substituído no posto por Enrique López Veiga[2]. Nas eleccións ao Parlamento de Galicia 2016 foi elixido deputado pola provincia de Pontevedra. Dende xuño de 2019 exerce como presidente da Comisión Galega da Competencia, dentro do organigrama da Vicepresidencia Segunda da Xunta de Galicia.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ López-Chaves ofrece "colaboración sincera" a las administraciones Arquivado 09 de marzo de 2016 en Wayback Machine., El Correo Gallego, 18/7/2011.
- ↑ "López-Chaves abandona a Autoridade Portuaria de Vigo".
Predecesor: Corina Porro |
Presidente da Autoridade Portuaria de Vigo 2011 – 2015 |
Sucesor: Enrique López Veiga |
Predecesor: María José Bravo Bosch |
Delegado da Xunta de Galicia en Vigo 2015 – 2019 |
Sucesor: Corina Porro |
- Deputados do Parlamento de Galicia polo PPdeG
- Presidentes da Autoridade Portuaria de Vigo
- Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela
- Profesores da Universidade de Vigo
- Alumnos da Universidade Aberta de Cataluña
- Nados en Vigo
- Nados en 1964
- Concelleiros de Vigo
- Concelleiros de Galicia durante a democracia
- Concelleiros de Galicia polo PPdeG