[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Nacho Iglesias Villanueva

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Ignacio Iglesias Villanueva»)
Modelo:BiografíaNacho Iglesias Villanueva
Biografía
Nacemento1 de xuño de 1975 Editar o valor en Wikidata (49 anos)
A Coruña, España Editar o valor en Wikidata
ResidenciaPontedeume Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónárbitro de fútbol Editar o valor en Wikidata
Familia
IrmánsJavier Iglesias Villanueva Editar o valor en Wikidata

Ignacio Iglesias Villanueva, nado na Coruña o 1 de xuño de 1975, é un árbitro galego da Primeira División de España de fútbol. É membro do Comité de árbitros de Galicia.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

No ano 2004 ascende á Segunda División na que permanece durante seis tempadas, da 2004/05 ata a 2009/10.

Consegue o ascenso á Primeira División en 2010, e debuta na máxima categoría o 13 de setembro de 2010 no Estadio de los Juegos Mediterráneos de Almería, dirixindo o partido entre a UD Almería e a Real Sociedad de San Sebastián. O partido rematou cun empate a dous goles.

O 30 de decembro de 2011 recibiu o recoñecemento como Mellor deportista eumés da campaña 2010/11 no marco da X Gala do deporte eumés.[1]

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

É irmán do tamén árbitro Javier Iglesias Villanueva. Reside en Pontedeume desde unha idade moi temperá.