[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Ios

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaIos
Imaxe

Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 36°43′00″N 25°19′00″L / 36.7167, 25.3167
EstadoGrecia
Administracións descentralizadasadministración descentralizada do Exeo
PeriferiasExeo Meridional
Unidades periféricasunidade periférica de Thira
ConcelloIos Municipality (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Superficie108,713 km² Editar o valor en Wikidata
Bañado porMar Exeo Editar o valor en Wikidata
Altitude713 m Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal840 01 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario

Sitio webios.gr Editar o valor en Wikidata

Ios (grego: Ίος, localmente Νιός - Nios) é unha illa grega nas Cícladas no mar Exeo. Ios é unha illa montañosa con cantís cara ao mar na maioría das súas partes, situada a medio camiño entre as illas de Naxos e Santorini. Ten 18 km de longo e 10 km de ancho, cunha superficie de 109 km². A poboación era de 2024 habitantes en 2011 (fronte a 3 500 no século XIX). Ios é parte da unidade rexional de Thira.[1]

Cidade de Chora

[editar | editar a fonte]
Vista de Chora.

O porto de Ios está na cabeceira da baía Ormos no noroeste. Desde alí, un autobús ou un percorrido a pé de 15 minutos por un empinado carreiro de burros leva á aldea, coñecida como Chora. Chora é unha localidade das illas Cícladas branca e moi pintoresca, chea de escaleiras e estreitos camiños, que a fan inaccesible para os vehículos de calquera tipo. Hoxe en día, o camiño principal a través deste lugar está totalmente tomado polo turismo en termos de restaurantes, tendas, bares e discotecas. Ademais do porto e da aldea de Chora, Ios só ten uns poucos pequenos asentamentos, só algún grupo de casas no fondo das principais praias (Theodoti, Kalamos, Maganari). Desde a década de 1990, o alcalde da illa traballou no desenvolvemento de Ios para atraer diferentes tipos de turistas. Coa axuda dos fondos da Unión Europea construíronse algunhas estradas, todas pavimentadas, e foi creado un anfiteatro polo arquitecto alemán Peter Haupt (falecido en 2003) na parte superior do outeiro da localidade. Lamentablemente, os acontecementos culturais non adoitan ter lugar alí.

Sitio prehistórico no outeiro de Skarkos.
Igrexa en Chora
Praia Milopotas

As escavacións no outeiro de Skarkos descubriron un asentamento prehistórico, o que demostra que Ios foi habitada desde principios do período cicládico. A arquitectura en Skarkos consérvase nalgúns lugares ata unha altura de case tres metros; a maioría dos edificios, evidentemente, tiñan dúas plantas, chans pavimentados de pedra e un sistema de rede de sumidoiros. Tamén foron descubertas numerosas cerámicas ben conservadas, ferramentas e utensilios de metal, pedra e óso.[2] Por desgraza, Skarkos segue sendo en gran parte descoñecido. En 2008, Ios estivo entre os seis lugares de Europa (de entre 109 candidatos) premiado como Patrimonio Cultural da Unión Europea, premio polos seus esforzos de conservación do sitio arqueolóxico de Skarkos.[3]

Segundo unha antiga tradición, a nai de Homero era de Ios, e el foi enterrado alí; de feito, os aldeáns mostran aos visitantes o sitio da antiga cidade de Plakotos no extremo norte da illa, onde pode ser vista a entrada a unha tumba de roca. Con todo non hai ningunha evidencia física que relacione isto con Homero. Hai signos de asentamentos micénicos. Tamén no extremo norte de Ios hai unhas ruínas dun castelo veneciano do século XV. Dise que a illa ten 365 igrexas e capelas, tantas como os días do ano.

Referencias

[editar | editar a fonte]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]