[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Íngrid Betancourt

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Ingrid Betancourt»)
Modelo:BiografíaÍngrid Betancourt

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(es) Ingrid Betancourt Pulecio Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento25 de decembro de 1961 Editar o valor en Wikidata (62 anos)
Bogotá
Senador de Colombia
20 de xullo de 1998 – 23 de febreiro de 2002
Membro da Cámara de Representantes de Colombia
20 de xullo de 1994 – 20 de xullo de 1998
Circunscrición electoral: Bogotá
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónIgrexa católica Editar o valor en Wikidata
EducaciónInstituto de Estudos Políticos de París
Liceo Francés de Bogotá
Harris Manchester College Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítica Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Liberal Colombiano Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeJuan Carlos Lecompte (1997–2011)
Fabrice Delloye (1983–1989) Editar o valor en Wikidata
FillosMélanie Delloye-Betancourt
 () Fabrice Delloye Editar o valor en Wikidata
PaisGabriel Betancourt Mejía Editar o valor en Wikidata  e Yolanda Pulecio Editar o valor en Wikidata
Cronoloxía
8 de xullo de 2003-13 de xullo de 2003Operación 14 de xullo
23 de febreiro de 2002-2 de xullo de 2008cativerio
Causado por: Conflito armado en Colombia Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteObálky knih, Editar o valor en Wikidata
TED: ingrid_betancourt BNE: XX4757412 Editar o valor en Wikidata

Íngrid Betancourt Pulecio, nada en Bogotá o 25 de decembro de 1961, é unha política colombo-francesa. Durante a década de 1990 foi membro da Cámara de Representantes de Colombia, onde alcanzou un alto recoñecemento pola súa actividade contra a corrupción política, avogando por unha saída pacífica do conflito armado do seu país.[1][2][3] Despois de renunciar ao Partido Liberal tras denuncialo na crise coñecida como Proceso 8.000, presentouse polo Partido Verde Oxígeno ao Senado nas eleccións lexislativas do ano 1994, sendo elixida coa primeira maioría nacional. Renunciou ao seu escano no ano 2001 para optar á presidencia nas eleccións do ano 2002.

O 23 de febreiro de 2002, cando se dirixía á área de distensión establecida polo presidente Andrés Pastrana coa fin de levar a cabo conversas de paz coa guerrilla das FARC, foi secuestrada canda a súa acompañante e asesora Clara Rojas. O seu secuestro, que tivo unha duración de seis anos, catro meses e nove días, recibiu grande atención en Colombia, así como en Francia e noutros países. Durante o seu cativerio sufriu os rigores da súa reclusión en zonas selváticas de Colombia, xunto con varios compañeiros na súa prisión. O caso gañou crecentes sentimentos de solidariedade, converténdose nunha cause célèbre. A súa situación cambiou o 2 de xullo de 2008, cando membros das Forzas Armadas realizaron unha operación de intelixencia militar que tivo como resultado a súa liberación xunto con tres contratistas estadounidenses e once membros do Exército Nacional, algúns deles que permaneceran secuestrados durante máis de dez anos.[4][5] A súa liberación por medio da chamada Operación Jaque constituíu un triunfo político para o goberno do presidente Álvaro Uribe, e tamén para o seu ministro de defensa, Juan Manuel Santos, que foi elixido presidente dous anos máis tarde.[6][7][8]

Betancourt recibiu varias distincións internacionais. En maio de 2008, aínda cativa, foi declarada presidenta de honra do congreso internacional dos Partidos Verdes, que tivo lugar en São Paulo.[9] Igualmente recibiu a Lexión de Honor francesa co grao de Cabaleiro[10] e foi propuesta pola presidenta de Chile Michelle Bachelet para o Premio Nobel da Paz.[11] En 2008 foille outorgado o Premio Príncipe de Asturias da Concordia.[12] O 30 de novembro foi designada embaixadora e voceira dos familiares de secuestrados de Colombia.[13] No mes de xaneiro de 2009 personalidades italianas volveron propor o seu nome para o premio Nobel da Paz ante o comité do premio Nobel en Oslo.[14] En 2010 presentou un recurso no marco da lei de protección ás vítimas do terrorismo ante o Estado colombiano por 15 000 millóns de pesos polos prexuízos ocasionados durante o seu cativerio, pero ante o malestar causado fronte á opinión pública, o goberno e os militares, Betancourt declinou o recurso para non prexudicar os demais secuestrados que tramitaban as súas.[15][16] Tamén declinou unha demanda similar ante o estado francés.

  1. Emol (2 de xullo de 2008). "Ingrid Betancourt, símbolo de la lucha contra las FARC". Arquivado dende o orixinal o 05 de xullo de 2008. Consultado o 2 de xullo de 2008. 
  2. "Ingrid; relato de una vida peligrosa". Arquivado dende o orixinal o 06 de marzo de 2012. Consultado o 12 de maio de 2019.  Arquivado 06 de marzo de 2012 en Wayback Machine.
  3. "Aún secuestrada, Íngrid oxigena su campaña política". 
  4. BBC Mundo (2 de xullo de 2008). "Rescatan a Ingrid Betancourt". Consultado o 3 de xullo de 2008. 
  5. Cadena SER (2 de xullo de 2008). "Rescatan a Ingrid Betancourt y tres americanos secuestrados por las FARC". Arquivado dende o orixinal o 05 de xullo de 2008. Consultado o 3 de xullo de 2008.  Arquivado 05 de xullo de 2008 en Wayback Machine.
  6. "Un triunfo soñado para Uribe". www.lanacion.com.ar (en castelán). 2008-07-03. Consultado o 2021-01-28. 
  7. Presidencia de Colombia (2 de xullo de 2008). "“Admiramos mucho lo que han hecho”, fue el mensaje del Presidente Sarkozy al Presidente Uribe". Arquivado dende o orixinal o 24 de abril de 2014. Consultado o 3 de xullo de 2008.  Arquivado 24 de abril de 2014 en Wayback Machine.
  8. BBC Mundo (3 de xullo de 2008). "El triunfo de Uribe". Consultado o 3 de xullo de 2008. 
  9. "Ingrid Betancourt: Presidenta de honor del Congreso de Partidos Verdes". El Espectador. 4 de maio de 2008. Consultado o 6 de maio de 2008. 
  10. "Univision: Ingrid Betancourt condecorada con Legión de Honor por Nicolas Sarkozy". Arquivado dende o orixinal o 25 de setembro de 2019. Consultado o 12 de maio de 2019. 
  11. "Chile oficializa la postulación de Íngrid Betancourt al Nobel de la Paz". EFE. 11 de setembro de 2008. Arquivado dende o orixinal o 13 de setembro de 2008. Consultado o 11 de setembro de 2008.  Arquivado 13 de setembro de 2008 en Wayback Machine.
  12. "Ingrid Betancourt, premio Príncipe de Asturias por su lucha por la libertad". El País. 11 de setembro de 2008. Consultado o 11 de setembro de 2008. 
  13. "Ingrid Betancourt será la embajadora de los secuestrados ante el mundo". Caracol Radio. 11 de setembro de 2008. Arquivado dende o orixinal o 25 de setembro de 2019. Consultado o 30 de novembro de 2008.  Arquivado 25 de setembro de 2019 en Wayback Machine.
  14. "Personalidades italianas solicitan Nobel de la Paz para Ingrid Betancourt". El Espectador. 28 de xaneiro de 2009. Arquivado dende o orixinal o 29 de xaneiro de 2009. Consultado o 28 de xaneiro de 2009.  Arquivado 29 de xaneiro de 2009 en Wayback Machine.
  15. Elespectador.com (9 de xullo de 2010). "Gobierno dice que no hay voluntad para conciliar con Ingrid Betancourt". elespectador. Consultado o 9 de xullo de 2010. 
  16. "Procuraduría asumió conciliación de demanda que Íngrid Betancourt presentó por secuestro". El Tiempo (en castelán). 2010-07-09. Consultado o 2022-02-13. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]