[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

In da Club

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
«In da Club»
sinxelo de 50 Cent
do álbum 'Get Rich or Die Tryin''
Lanzamento novembro de 2002
Formato {{{formato}}}
Gravada 2002
Xénero musical hip hop
Lingua(s) {{{lingua}}}
Duración 3:13
Discográfica aftermath
Produtor(es) Dr. Dre, Mike Elizondo
Escritor(es) 50 Cent, Dr. Dre, Mike Elizondo
Cronoloxía
«Wanksta» «In da Club» «21 Questions»
Miscelanea {{{miscelanea}}}

"In da Club" é unha canción de hip hop do rapeiro 50 Cent do seu primeiro álbum comercial Get Richo or Die Tryin’. A canción foi producida por Dr. Dre coa coprodución de Mike Elizondo. 50 Cent, Dr. Dre, e Elizondo tamén escribiron a canción. A mesma foi lanzada a finais de 2002 como o principal single do álbum e foi ben recibido polos críticos musicais.

"In da Club" converteuse no primeiro single en alcanzar a primeira posición nas listas de 50 Cent e foi unha das cancións máis populares de 2003 despois de alcanzar a primeira posición en Estados Unidos e poñerse no Top 5 da maioría das listas europeas. Na cuadraxésima sexta edición dos Grammy, foi nomeada como mellor canción de rap e mellor canción de rapeiro solista.

Información

[editar | editar a fonte]

Despois de que 50 Cent fose descuberto por Eminem en 2002, foi invitado a voar aos Ánxeles onde coñeceu a Dr. Dre.[1] 50 Cent gravou sete cancións en cinco días con Dr. Dre, sendo "In da Club" a primeira en ser gravada.

A produción fora dada orixinalmente ó grupo de hip hop D12, pero foi pasada a 50 Cent.[2] 50 Cent gravou a canción tendo presente unicamente o golpe de percusión. Como moito do contido de Get Richo r Die Tryin’ fora escuro, quixo escribir material que fora "completamente oposto". Chamou a canción unha "celebración da vida. Cada día é relevante debido a que é o aniversario de alguén"[3]

Controversia

[editar | editar a fonte]

En xaneiro de 2006, 50 Cent foi demandado por piratería polo antigo representante de 2 Live Crew, Joe Weinberger, que mantén os dereitos do catálogo do grupo. Este argumentou que 50 Cent plaxiou a letra de "It’s your Birthday" de Luther Campbell, cantante de 2 Live Crew, correspondente ó seu álbum de 1994 Still a Freak for Life. O xuízo foi desestimado polo xuíz federal Pal Huck, quen ditaminou que a frase é un "elemento da canción común, pouco orixinal e que non pode ter dereitos de autor"

Lista de temas

[editar | editar a fonte]

CD single

[editar | editar a fonte]
# Título
1. "In da Club" (clean)
2. "In da Club" (explicit)
3. "Wanksta"

CD single (Australia)

[editar | editar a fonte]
# Título
1. "In da Club"
2. "Wanksta"
3. "In da Club" (instrumental)
4. "In da Club" (canción multimedia)
5. "Wanksta" (canción multimedia)

Posición nas listas

[editar | editar a fonte]
Lista Máxima posición
Lista de sinxelos de Australia 1
Lista de sinxelos de Austria 3
Lista de sinxelos de Bélxica 2
Lista de sinxelos do Canadá 1
Lista de sinxelos de Francia 16
Lista de sinxelos de Alemaña 1
Lista de sinxelos de Grecia 3
Lista de sinxelos de Irlanda 1
Lista de sinxelos de Nova Zelandia 1
Lista de sinxelos de Noruega 3
Lista de sinxelos de UK Singles Chart 3
United World Chart 1
U.S. Billboard Hot 100 1
U.S. Billboard Top 40 Tracks 1
U.S. Billboard Hot R&B/Hip-Hop Songs 1
U.S. Billboard Hot Rap Tracks 1
  1. Touré (3 de abril, 2003). The Life of a Hunted Man Arquivado 05 de maio de 2009 en Wayback Machine.. Rolling Stone.
  2. "All Eyes on 50 Cent: The Sequel" (2005). Especial de televisión de MTV.
  3. Kondo, Toshitaka (26 de setembro, 2007). 50 Cent on the Record Arquivado 29 de marzo de 2008 en Wayback Machine.. Rhapsody.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]