Huzziyas I
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | século XVI a. C. |
Morte | século XVI a. C. Hattusa, Turquía |
Familia | |
Pais | Ammunas e (…)-tavanna |
Irmáns | Ištapariya |
Huzziyas I, rei dos hititas, sucedeu a Ammunas e gobernou durante un período de tempo que se estima breve pero que non se coñece con exactitude.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]As fontes dispoñíbeis acerca de Huzziyas non aclaran a súa relación con Ammunas, pero si o feito de que tivo que asasinar a dous homes, Tittis e Hantilis. Mentres que algúns expertos postulan que Huzziya é un fillo máis novo de Ammunas, que matou a dous dos seus irmáns para acceder ao trono, outros cren que Huzziya é o irmán da esposa de Telibinus, outro dos fillos de Ammunas.
Ao pouco tempo de tomar o poder, Huzziya perdeu o poder a mans dunha rebelión encabezada polo seu cuñado Telibinus, que o desterrou e asumiu o trono.
Hititas | ||
---|---|---|
Segue a: Ammunas |
Huzziyas I (?--1525)
|
Precede a: Telibinus |