[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Herodes Ático

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaHerodes Ático

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(grc) Λούκιος Βιβούλλιος Ίππαρχος Τιβέριος Κλαύδιος Αττικός Ηρώδης
(la) Lucius Vibullius Hipparchus Tiberius Claudius Atticus Herodes Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento101 Editar o valor en Wikidata
Maratona, Grecia (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte177 Editar o valor en Wikidata (75/76 anos)
Maratona, Grecia (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Senador romano
Cónsul romano
Arconte epónimo
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
ResidenciaÁtica Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico, militar, retórico, filósofo Editar o valor en Wikidata
Período de tempoAlto Imperio Romano Editar o valor en Wikidata
MovementoSegunda sofística Editar o valor en Wikidata
ProfesoresSecundus (pt) Traducir e Favorino (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
AlumnosÉlio Aristides (pt) Traducir, Adriano de Tiro (pt) Traducir, Chrestus of Byzantium (en) Traducir e Marco Aurelio Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeAppia Annia Regilla Editar o valor en Wikidata
FillosAtticus Bradua Editar o valor en Wikidata
PaisTiberius Claudius Atticus Herodes Editar o valor en Wikidata  e Vibullia Alcia Agrippina Editar o valor en Wikidata
IrmánsTiberius Claudius Atticus Herodianus
Claudia Tisamenis Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteEncyclopædia Britannica Ninth Edition (en) Traducir
Paulys Realenzyklopädie der klassischen Altertumswissenschaft
Obálky knih, Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1465959
Herodes Ático

Tiberio Claudio Herodes Ático, en lingua grega Ἡρώδης ὁ Ἀττικός, nado en Maratón no ano 101 e finado en Atenas no 177, foi un político e orador grego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Herodes Ático sobresaíu como retórico e sofista. Ensinou retórica en Atenas, onde empregou a súa enorme fortuna para a construción de edificios: recubriu de mármore o estadio de Atenas, construíu piscinas de mármore nas Termópilas, un ninfeo en Olimpia, o estadio de Delfos, o teatro Odeón etc. Dicíase que o seu pai achara o tesouro que os persas agocharan en Maratón. Foi procónsul en Asia, pontífice das Panateneas en Atenas, cónsul en Roma (143) e senador.

O Odeón construíuno no 161 en memoria da súa muller, Apia Annia Regila, á morte da cal mandou pintar de negro mesmo a casa. Disque en certa ocasión o seu amigo sofista Lucio, vendo un servo que pelaba ravos, burlouse de que cometese "unha inxustiza contra a memoria de Regilla comendo ravos brancos nunha casa completamente negra".

Herodes Ático foi un aticista rigoroso, gabado polos seus contemporáneos e axiña considerado un clásico. Foi mestre do emperador romano Marco Aurelio. Produciu unha obra extensa composta de diatribas, diarios literarios e efemérides, mais só sobreviviron unha declamación (Tratado de Herodes sobre o estado) e a tradución latina dunha fábula.